luns, 16 de novembro de 2020

UNHA VISITA ESPECIAL

 A semana pasada recibimos unha carta de forma inesperada, apareceu na nosa aula sen saber como. Tivemos que responder á mesma para que alguén que nós descoñeciamos nos viñera visitar. A verdade que había moita expectación por descubrir quen era o remitente daquel sobre xa que dentro del había un óso. Ao día seguinte ao entrar na aula atopamos algo no corcho que nos deu un pouco de medo, polo que saímos correndo cara ao corredor, pechamos a porta e abrímola de novo un pouco para entrever que era aquilo que estaba cuberto cunha tea, parecía unha pantasma. Finalmente, decidimos entrar pero sen superar o medo ao descoñecido... Atopamos ósos no chan e a profe foi retirando a tea con moito coidado descubrindo así a personaxe que nos enviara a carta, un esqueleto, o esqueleto Felipe, así se chama. Tivemos moito medo! Mistura de pánico e sorrisos! 

 Felipe viña acompañado dunha maleta con roupa e nos pedía que o vestíramos, non foi fácil... Quixémolo tocar, algúns decidiron esperar uns días para facelo, escollendo diferentes partes e modelamos con plastilina un esqueleto.

                     

                          








Ningún comentario:

Publicar un comentario