xoves, 14 de decembro de 2023

PREPARÁNDONOS PARA O NADAL


 Xa se nota no ambiente que está preto o Nadal, no cole estamos facendo cousas moi especiais para celebralo... Mira, mira...

       

 Xa comezamos a semana recibindo a Antía a Apalpadora...

 Tamén estamos aprendendo unha canción super bonita do mestre Iván Vale, Os meus agasallos.

 Se pinchades no seguinte enlace  podedes atopar a canción, ademáis doutras melodías fantásticas, contos de Nadal e xogos interactivos por se fora do voso interese.

NADAL 2023

luns, 11 de decembro de 2023

A MIÑA AXENDA: NOVEMBRO

 



 E seguimos enchendo o noso calendario, a nosa axenda de datas importantes... e tamén despedíndonos do outono con moitas manualidades...

martes, 5 de decembro de 2023

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

 O 3 de decembro celebrouse o Día da diversidade funcional e nós no cole falamos do tema a través de varias curtas e facendo unha peza dun creabacabezas que elaboramos entre todos/as os grupos do cole. Mirade, mirade...

TAMARA

UNA VARITA MÁGICA PARA DULCE

luns, 4 de decembro de 2023

NOVEMBRO=MES DA CIENCIA

 E rematamos novembro facendo un montón de experimentos. Nesta ocasión quixemos experimentar coas cores... A verdade que resultou moi interesante...


E máis interesante foi poder amosarllos aos nosos compañeiros/as de 6ºA e que eles compartiran o seu experimento de magnetismo con nós.





domingo, 3 de decembro de 2023

25 N: NON VIOLENCIA

         
Tratamos a non violencia lendo diferentes contos e falando sobre o tema. Elaboramos un super mural en colaboración cos outros compañeiros/as do cole, o que significaba para nós a violencia e o que deberiamos facer para conseguir a non violencia. 





 Ademais tivemos a sorte de que os nosos compañeiros/as de 6ºB nos prepararan o conto O chuvasqueiro de Aurora para ilustrarnos o 25 N.