Nesta ocasión acompañáronnos a mamá e o papá de María, Noemí e Carlos. Escolleron para nós un conto cheo de fantasía que se titula A sopa queima. Grazas por compartir este tempo con nós e por facer voar a nosa imaxinación ao escoitar esta pequena historia.
Páxinas
Etiquetas
domingo, 22 de marzo de 2026
xoves, 19 de marzo de 2026
DESPEDINDO AO INVERNO
E rematamos esta estación fría e de pouca luz, lembrando canto aprendimos e xogamos ao longo da mesma...
domingo, 15 de marzo de 2026
sábado, 14 de marzo de 2026
8M: DÍA DA MULLER
Para conmemorar este día, non só falamos das mulleres que temos na nosa familia(mamá, avoa, tía...) e o importantes que son para nós, senón que tivemos unha actuación musical moi interesante e un obradoiro para crecer en igualdade.
MÚSICA MIÚDA
AUTONOMÍA E COLABORACIÓN NAS TAREFAS DOMÉSTICAS
xoves, 5 de marzo de 2026
ESCOITAMOS COMO LES: A MELLOR SOPA DO MUNDO
Comezamos cunha nova proposta da Biblioteca, a actividade ESCOITAMOS COMO LES. Emma e o seu papá escolleron unha historia fermosa, A mellor sopa do mundo. Grazas Luciano por ter compartido este tempo con nós, sempre agradecemos moito que veñades a lernos e a contarnos, gozamos tanto dos contos que calquera momento é perfecto. Grazas, ademáis, pola sorpresa que nos preparástedes...
mércores, 4 de marzo de 2026
CÓNTAME UN CONTO
Grazas Librín, por deixarnos entrar no mundo da imaxinación, no mundo das palabras, das ilustracións. Grazas por amosarnos tantos contos desde que chegamos ao cole...
luns, 2 de marzo de 2026
XOGANDO CON BRAZOLINDA
O pasado venres xogamos coas familias na compaña de Brazolinda e os seus xogos na nosa Biblioteca. Unha sesión interesante onde aprendimos non só a xogar, senón tamén a compartir momentos, experiencias, xoguetes... Grazas, unha vez máis, aos nosos familiares por acompañarnos.


















