mércores, 23 de decembro de 2020

POR UN NADAL DE LUZ

 Celebramos o Nadal dun xeito diferente pero tamén moi especial... lendo contos, decorando o cole e a nosa aula, cantando panxoliñas, facendo manualidades e creando motivos propios detas datas. Conectámonos co Apalpador por streaming, falamos e cantamos para os nosos compañeiros/as doutros grupos do cole, por videoconferencia, Librín tamén nos deixou un conto especial no blog da Biblioteca.













Tocamos instrumentos para acompañar ás panxoliñas, modelamos creamos con regretas, nos disfrazamos... acuarelas de Nadal...

A LUZ DESTE NADAL NOS ILUMINARÁ O CAMIÑO...









martes, 22 de decembro de 2020

MÁIS SOBRE MASCOTAS

 Continuamos enriquecéndonos coas nosas mascotas, as dos nenos/as, as do cole... Nesta ocasión coñecemos e Lili&Lili, a Choni, Negrito e aos dous peixiños Nemo e Negrito. Tamén empezamos a investigar sobre os paxaros, tomando como núcleo motivador a nosa mascota Plumitas e todos aqueles paxaros que pasan polo noso cole e que vemos desde a ventá da nosa aula... pegas, gaivotas, pombas...

Tamén fixemos os debuxos das nosas mascotas, as que temos nas nosas casas e algúns dos nenos/as que non teñen as que lles gustaría ter, para velos tedes que acceder a PATAS PELUDAS, a nosa protectora virtual.








domingo, 20 de decembro de 2020

A FRAGA DO MEU AVÓ

 Esta semana participamos xunto cos nosos compañeiros/as de 5ºA na programación de teatro para escolares Afundación. Nesta ocasión a actividade proposta foi A fraga do meu avó do grupo musical infantil Mamá Cabra. Se pinchades na imaxe poderedes acceder á publicación que fixemos no blog de Voz Natura co traballo realizado arredor deste concerto didáctico.




sábado, 19 de decembro de 2020

INVESTIGAMOS SOBRE O CORPO



 Que enriquecedor e atractivo nos está resultando o proxecto do corpo, cantas cousas sabemos xa... Buscamos información nos libros da Biblioteca e en internet, analizamos radiografías... Os sons do corpo, os 5 sentidos, ósos, músculos, sangue, arterias e venas e algúns órganos básicos para a vida(cerebro, corazón, estómago, pulmóns, riles...).


  Debuxamos o noso corpo en base a todo o que fomos aprendendo ao longo deste trimestre...





venres, 18 de decembro de 2020

VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS

 Retomamos o proxecto da Fundación Meniños Viaxe ao reino das emocións(EACE) recordando o conto e ordenando as persoaxes do mesmo. Coñecimos tamén a uns robots moi especiais que habitan na casa escornabótica da Biblioteca de Librín e que queren tamén xogar con nós, dous pequenos Escornabots moi intelixentes e divertidos. Que ben o pasamos!





 Familias se queredes ter máis infomación sobre o proxecto de Meniños entrade no apartado de Actividades complementarias e extraescolares(EACE), aí atoparedes a páxina web da fundación, bibliografía, filmografía de interese sobre as emocións, xogos e outros recursos. Totalmente recomendable...




xoves, 17 de decembro de 2020

O BERRO DE MUNCH

 Continuamos traballando a emoción do medo a través da pintura O berro de Munch... As obras de arte fan fluír as nosas emocións.

















luns, 14 de decembro de 2020

UNHA VARIÑA MÁXICA

    O conto Una varita mágica para Dulce nos aproxima ao mundo dunha nena xordocega: Dulce ten orellas de bolboreta, tan delicadas como cerradas. Dulce tiña ollos de tul y un precioso sorriso de silencio. A cachos Dulce sentía medo, angustia ou tristeza. Pero os seus amigos estaban decididos a buscar unha solución... 

 Participamos, deste xeito, no programa de innovación educativa INCLÚE-T(Biblioteca).





sábado, 12 de decembro de 2020

PALABRAS RIMADAS, PALABRAS CANTADAS...

 Adentrámonos no mundo da palabra a través das conversas na asemblea, das tarxetas que utilizamos nas rutinas diarias, dos nosos nomes e apelidos, das melodías que cantamos, das adiviñas, das poesías... e por suposto a través da fantasía dos contos.








martes, 8 de decembro de 2020

VISITAMOS A LIBRÍN

 No mes de novembro retomamos as nosas visitas á Biblioteca de Librín, repasamos as normas, percorrimos a estancia lembrando as diferentes zonas(amarela, morada, vermella, azul...), identificando as pegatinas de cada libro en función da zona na que se atopan, collendo un libro para ler, descubrindo novos materiais, así como, a caixa laranxa onde deben descansar os libros usados para facer a súa cuarentena.







luns, 7 de decembro de 2020

DÍA DA DISCAPACIDADE


O 3 de decembro, Día da discapacidade(Biblioteca), visionamos diferentes curtas. Lembramos as traballadas o ano pasado neste día: Scarlett, Tamara e El regalo; ás que engadimos este curso Cuerdas e Pip. Participamos tamén na proposta Baixo o mesmo paraugas...


                        

domingo, 6 de decembro de 2020

COUSAS QUE DAN MEDO



 Vimos a diferenza entre realidade e imaxinación, o que podemos ver e tocar e o que está no noso pensamento...

   

xoves, 3 de decembro de 2020

ESQUELETO, ÓSOS...


 Seguimos coa teima de seguir descubrindo o noso corpo por dentro e por fóra, as partes que o forman, para que serven... que temos dentro do noso corpo e que non podemos ver...

martes, 1 de decembro de 2020

CREANDO CON PLUMITAS

 Pintamos, recortamos, modelamos, debuxamos... Somos artistas coas ceras, lapis, rotuladores, témperas, acuarelas, plastilina, pinceis, tesoiras, punzóns, pegamentos... Cantas cousas somos capaces de crear!