martes, 31 de xaneiro de 2023

SINTO A PAZ


 E así conmemoramos o noso primeiro ano no cole o Día da Paz... No seguinte enlace poderás cantar, xogar e visionar como celebramos esta data...


Se queres ver unha adaptación do conto Un homiño de papel que fixeron os nosos compañeiros/as de 5 anos pincha no seguinte enlace, a verdade, que é unha chulada...

ESCRIBINDO POLA PAZ



sábado, 21 de xaneiro de 2023

A NOSA MASCOTA DE AULA

 Aínda non vos presentamos á nosa mascota de aula o polbo Pepito. Acompañaranos ao longo deste curso para coñecelo máis de preto, ver as súas características  e a partir de aí, coñecer ás nosas propias mascotas.





 E así debuxamos á nosa mascota...


Agora escoita as cancións dos amigos do noso polbo...


Tamén o noso amigo o PATO ZAPATO nos presentou ao seu amigo o polbo...


     


xoves, 19 de xaneiro de 2023

IOGA(3ª SESIÓN)

 


 E comezamos o ano de forma saudable, retomamos este martes as nosas clases de ioga, grazas Hugo pola compaña e pola tranquilidade que nos transmites.




martes, 10 de xaneiro de 2023

AGASALLOS DO APALPADOR

 Hoxe comezamos un novo trimestre  e menuda sorpresa ao entrar na aula, un agasallo nos agardaba na zona da asemblea... Dentro dun saquiño había castañas polo que rápidamente descubrimos que fora o Apalpador o que nos deixara tal paquete. Os nenos/as estaban impacientes por abrilo, e entre todos/as conseguiron ver dentro daquela caixa dous xogos de madeira para compartir, un dominó super orixinal e un xeoplano interesante, ademáis dunha castaña que cada un gardará coma un tesouro, seguro.