domingo, 24 de marzo de 2024

SEMENTAMOS: AUGA E ÁRBORE

 

Para conmemorar o Día da auga(22 de marzo) e o Día da árbore(23 de marzo) sementamos cabazas, falamos da importancia da auga nas nosas vidas e para as plantas e da necesidade de vivir rodeados de plantas e de árbores polo ben da natureza e da nosa saúde(alimentación, respiración...).




sábado, 23 de marzo de 2024

SÍNDROME DE DOWN E POESÍA

 Pola diversidade e pola inclusión o 22 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down utilizando as palabras, a poesía e a música, para celebrar tamén de forma conxunta o Día da poesía.


venres, 22 de marzo de 2024

ALIMENTÁMONOS(1ª parte)

 

   

 Continuamos co mundo dos alimentos, unha alimentación saudable(a pirámide e a roda dos alimentos), clasificación dos alimentos(de orixe vexetal e de orixe animal) e a visita a un supermercado(lista da compra, seccións do mesmo, ticket de compra...)...

A RODA DOS ALIMENTOS



ALIMENTOS DE ORIXE VEXETAL E ANIMAL

VISITA AO GADIS




Estamos participando no programa ALIMENTES  do GADIS...

luns, 18 de marzo de 2024

TORTILLAS

  A pasada semana para que non se perdan as tradicións da nosa vila fomos ás Nogueiras celebrar o Día das tortillas, comimos, xogamos, gozamos coa natureza e aproveitamos os seus recursos.






sábado, 16 de marzo de 2024

A MIÑA AXENDA: XANEIRO E FEBREIRO

 

 

 E continuamos coa nosa axenda, anotando no calendario as datas importantes do mes de xaneiro e febreiro... Aprendemos tamén coa estación do Inverno...






mércores, 13 de marzo de 2024

IOGA(2ª sesión)

 Pois continuamos coa nosa clase mensual de ioga, un baño de relaxación e son para todo/as... Un pracer Hugo Eiroá.



ESCOITAMOS COMO LES: TOPITO TERREMOTO

 Esta é a segunda vez, neste curso,  que unha mamá ven a contarnos un conto. Sonia, a mamá de Sira, leu un conto escollido pola nosa compañeira, Topito terremoto. Grazas por dedicarnos este tempo, foi un pracer, sempre merece a pena.



domingo, 10 de marzo de 2024

8M-MULLER

 E así conmemoramos o Día da muller traballadora...


    Ademáis, os nosos compañeiros de 6º nos agasallaron cunha representación do conto Érase dúas veces la ratita presumida... e Marisa irimia  cos Contos para a Igualdade.

Aquí podedes escoitar esta canción adicada ás mulleres, un poema escrito pola profe Rocío fai uns anos, musicado coa axuda da súa familia e no que colaboran as mestras do cole.

MULLER

xoves, 7 de marzo de 2024

LUZ NEGRA NO ESPAZO CREATIVO

 Seguimos descubrindo e experimentando no espazo creativo. Nesta ocasión a través da luz negra conseguimos facer maxia...




mércores, 6 de marzo de 2024