martes, 30 de novembro de 2021

BROTAN AS SEMENTES DE CABAZA NO OUTONO. ECO-RETO

 Menuda sorpresa nos levamos coas nosas sementes de cabaza! Aínda que investigamos e descubrimos que a mellor época para plantar as cabazas é a primavera porque polo menos necesitan 8h de luz ao día, arriscámonos e quixemos experimentar... Neste mes de novembro plantamos as sementes, recollidas das cabazas do Samaín, en pequenas macetas feitas con bricks de leite e tamén en bolsas... Deixámolas preto da ventá para que lles dera o sol e cando o pasado venres as regamos e as trasladamos ao noso novo invernadorio, situado no patio, para que aproveitaran máis a luz do sol durante máis tempo, xa que os días en outono son cada vez máis curtos, descubrimos que comezaban a brotar... Hoxe mesmo descubrimos ademáis que as sementes que metimos en bolsas pegadass ás ventás están brotando todas, puidemos ver moi ben as raíces e o talo... Seguiremos de preto o proceso de crecemento das nosas plantas...






















PATAS PELUDAS

 Non vos esquezades de mirar o nosa protectora virtual PATAS PELUDAS, hai novidades...



                     ADOPCIÓNS EN GADOUPAS

                  NOVAS MASCOTAS NA  FAMILIA

           TORTU E PINCHITOS QUÉRENNOS SAUDAR

O SEGREDO DE FLORA


  Continuamos coas emocións nesta ocasión coa IRA ... Comezamos con este conto que tanto nos gusta e que tantas emocións nos transmite... O segredo de Flora...


            



O SEGREDO DE FLORA





luns, 29 de novembro de 2021

DÍA DA NON VIOLENCIA

 Un conto para conmemorar o Día da non violencia de xénero(25 de novembro), un conto que nos deu que pensar, que falar,... un conto que simplemente contaba unha historia real ou imaxinaria?. Algúns/algunhas queriamos pensar que non era real que iso non pode pasar de verdade... A realidade ás veces asusta, desde o cole fomentamos a coeducación, o repecto, o amor, a igualdade... queremos mellorar a nosa sociedade... 

EL CHUBASQUERO DE AURORA





              



domingo, 28 de novembro de 2021

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

 Ao longo desta semana unha vez máis fomos científicos, xogando nos recunchos aprendemos explorando, observando, manipulando...  A ciencia volveu á nosa aula: lámpada de lava, densidade, cromatismo e disco de Newton... Como nos divertimos!








DEBUXANDO O PATRIMONIO DA NOSA VILA

 Despois de explorar Viveiro quixemos lembrar a nosa saída pola vila e debuxar o que máis nos chamou a atención ao longo de todo o percorrido... 



mércores, 24 de novembro de 2021

PLUMITAS, O NOSO MONICREQUE

 Fixemos da nosa mascota Plumitas un monicreque... Gústanos moito contar contos e cantar e que mellor maneiro da facelo que a través do noso novo monicreque e nun teatro de guiñol. Pasámolo xenial!







martes, 23 de novembro de 2021

DÍA DA INFANCIA. OS DEREITOS DOS NENOS/AS

 Non vos esquezades desta data tan importante, o 20 de  novembro, Día da Infancia conmemorando  a Declaración e  Conveción dos Dereitos do neno. Mirade, mirade que recursos tan interesantes...



TEÑO DEREITO A SER NENO







luns, 22 de novembro de 2021

EXPLORAMOS VIVEIRO

 Comezamos neste primeiro trimestre o noso proxecto integral de centro PAISAXES EN PALABRAS, un dos nosos Plans Proxecta(Terra), co noso proxecto anual VIVARIUM, centrándonos neste primeiro momento na historia da nosa vila. Despois de ver o material que nos deron na oficina de turismo,  na semana do Día Internacional do Patrimonio Mundial(16 de novembro) marcamos un percorrido no plano de Viveiro polo casco histórico e coñecer deste xeito máis de preto o patrimonio da nosa vila.

1º VISITAMOS A OFICINA DE TURISMO:







2º INVESTIGAMOS E MARCAMOS UN PERCORRIDO POLO CASCO HISTÓRICO:





3º REALIZAMOS A SAÍDA: 



venres, 19 de novembro de 2021

OS BICHOS DA HORTA: AS ARAÑAS

 Despois de visitar a horta no mes de setembro, adentrámonos no mundo dos bichos primeiro falamos sobre QUE BICHOS ATOPAMOS NA HORTA? e logo nos preguntamos  QUE SABEMOS DOS BICHOS? Falamos sobre o tema e nos centramos en investigar ás arañas,  a raíz da festa do Samaín que tiña como núcleo motivador O MEDO ÁS ARAÑAS...













 Os contos que traballamos foron: LA ARAÑA HACENDOSA A ARAÑA E MAIS EU.