Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de xuño de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: COCORICO E UNHA FÁBRICA DE XOGUETES

 Esta semana acompañáronnos no Escoitamos como les,  Alejandra, a mamá de Adriana, que nos trouxo a Cocorico, un dos nosos contos favoritos e a Michel, o papá de Nico, cun conto moi especial e novo para nós, Unha fábrica de bicos. Grazas por ter compartido este momento con nós e polos agasallos tan interesantes que nos trouxéstedes. 




sábado, 6 de xuño de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: PÁPOTE A BICOS E HISTORIA DE JUGUETES

 Esta semana tivemos dobre sesión de Escoitamos como les. O martes acompañounos María, a mamá de Mari, e sorprendeunos cun conto que non coñeciamos Pápote a bicos, unha historia moi bonita que nos fala da importancia da amizade. Grazas María por ter compartido estes momentos con nós e por eses marcapáxinas que preparástedes.

 O mércores, veu Jozbell, o papá de Dylan, a visitarnos. O conto escollido nesta ocasión foi Historia de juguetes, cada vez que xogamos é moi importante deixar cada cousa no seu lugar. Grazas por acompañarnos e polo doce agasallo.



domingo, 31 de maio de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: A CEBRA CAMILA

 O papá de Dani, Pablo, escolleu  un libro do que temos moito que aprender. Grazas por ter compartido o teu tempo con nós e por contarnos esta historia tan bonita. Dani e Pablo, tamén tiñan algo especial para todos/as. 



luns, 25 de maio de 2026

CÓNTAME UN CONTO


 Librín, a nosa mascota da Biblioteca nos agasalla con contos moi interesantes, déixaos na nosa casiña dos contos, Rocío no los le e nós nos enriquecemos con eles. Grazas por deixarnos entrar no mundo da imaxinación, no mundo das palabras, das ilustracións. 

                                                 




 Tamén nós aportamos cos nosos contos, enchemos a CAIXA MÁXICA da nosa aula con moitas historias e relatos interesantes. Lemos cada día un, o conto de quen é encargada/o ese día.

                   

ESCOITAMOS COMO LES: A CASA DA MOSCA CHOSCA

 Nesta ocasión acompañounos Carlota, a mamá de Hugo, cun conto con moitos personaxes. Grazas por ter compartido este tempo con nós e polo agasallo-sorpresa.



domingo, 17 de maio de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: EL HILO INVISIBLE.

 Esta semana, Irene, a mamá de Emma Míguez, achegounos a unha bonita e máxica historia, o fío invisible que nos une a tódalas persoas que queremos. Grazas por ter compartido o teu tempo con nós e pola sorpresa que Emma e ti nos preparástedes.



venres, 8 de maio de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

 Nesta ocasión adicounos un anaco do seu tempo Iago, o papá de Valeria. O libro escollido foi a historia da toupiña que anda na procura de quen lle puido deixar aquela caca na cabeza, un conto divertido e coñecido. Ademáis, non só poidemos gozar da narración senón que ao final da sesión de lectura Valeria e Iago nos tiñan preparado un bonito agasallo. Grazas por acompañarnos.



domingo, 26 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO(23 abril)

 Para celebrar o Día do libro, tódolos nenos/as do cole imaxinamos e ilustramos o poema, agasallo que Eva Mejuto fixo ás Bibliotecas Escolares.



 Tamén nos agasallaron cun contacontos unha traballadora e dúas usuarias do Centro de Día de Alzheimer da AFA(Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias).



ESCOITAMOS COMO LES: A QUE SABE A LÚA? + EL PEZ ARCOÍRIS

     Esta semana tivemos doble sesión do Escoitamos como les.

    A mamá de Nina, Saray, contounos o conto A que sabe a lúa?, que nos fala da importancia da unión e axuda aos demáis.

 E Bruno, o papá de José, un conto moi interesante que nos fala de compartir e da amizade, El pez Arcoíris.

                                        

Grazas aos dous por ter compartido un anaco do voso tempo con nós e por traernos unha sorpresa.

domingo, 19 de abril de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: O COELLIÑO BRANCO

 O martes pasado acompañounos a mamá de Noa, leunos o conto O coelliño branco, un dos nosos favoritos. Grazas Alicia por compartir o teu tempo con nós e polo agasallo que ti e Noa nos preparástedes, menuda sorpresa!.



domingo, 12 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO INFANTIL: THE GRUFFALO

 


 O pasado 2 de abril foi tamén o DÍA DO LIBRO INFANTIL, e para celebralo a teacher Mariana preparou un conto moi interesante The Gruffalo, coa colaboración da profe Tania


domingo, 5 de abril de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: MI PRIMER SISTEMA SOLAR

 Unai e a súa mamá, Raquel, escolleron un libro para entrar en contacto co Sistema Solar, os planetas, o sol, as estrelas..., MI PRIMER SISTEMA SOLAR. Grazas Raquel por acompañarnos, polo agasallo e por adicarnos un anaco do teu tempo.



domingo, 22 de marzo de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: A SOPA QUEIMA

 Nesta ocasión acompañáronnos a mamá e o papá de María, Noemí e Carlos. Escolleron para nós un conto cheo de fantasía que se titula A sopa queima. Grazas por compartir este tempo con nós e por facer voar a nosa imaxinación ao escoitar esta pequena historia.




xoves, 5 de marzo de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: A MELLOR SOPA DO MUNDO

 Comezamos cunha nova proposta da Biblioteca, a actividade ESCOITAMOS COMO LES. Emma e o seu papá escolleron unha historia fermosa, A mellor sopa do mundo. Grazas Luciano por ter compartido este tempo con nós, sempre agradecemos moito que veñades a lernos e a contarnos, gozamos tanto dos contos que calquera momento é perfecto. Grazas, ademáis, pola sorpresa que nos preparástedes...




luns, 2 de marzo de 2026

XOGANDO CON BRAZOLINDA

 O pasado venres xogamos coas familias na compaña de Brazolinda e os seus xogos na nosa Biblioteca. Unha sesión interesante onde aprendimos non só a xogar, senón tamén a compartir momentos, experiencias, xoguetes... Grazas, unha vez máis, aos nosos familiares por acompañarnos.



domingo, 1 de febreiro de 2026

UNHA PONTE POLA PAZ

O día 30 celebramos o Día da Paz, entre todos/as e coa colaboración das nosas familias construímos unha ponte. E cada pedra  unha palabra ou unha mensaxe de PAZ. Tamén cantamos e xogamos pola PAZ.

CREANDO PONTES POLA PAZ






luns, 26 de xaneiro de 2026

BIBLIOTECA: CAIXA MÁXICA DA LECTURA E MOCHILAS VIAXEIRAS

 Comezamos o segundo trimestre e poñemos a andar varias das actividades propostas polo Equipo da Biblioteca...

A CAIXA MÁXICA DA LECTURA

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

En breve tamén comezaresmos coa proposta ESCOITAMOS COMO LES, xa temos unha lista de familiares agardando para vir a ler ou a contar un conto. Grazas pola vosa colaboración.

sábado, 15 de novembro de 2025

CASTAÑA, CASTAÑA...

 Este ano para celebrar o Magosto, xogamos coas castañas, rotando por diferentes estacións de xogo. Ademáis, degustamos unha merenda moi especial con produtos do outono(castañas, bicoito de noces, torta de mazá, uvas, mandarinas...), dun contacontos na biblioteca de Librín, cancións e xogos interactivos.

CASTAÑAS E PEÓNS NO MAGOSTO


                      












luns, 27 de outubro de 2025

O NOSO SAMAÍN

Estas son as personaxes antagonistas dos contos, as personaxes que vós escollístes para a nosa exposición do Samaín.

Cantamos e bailamos co medo, pincha no seguinte enlace...

SAMAÍN 2025

Librín prestounos contos de medo...

Nós tamén fixemos pantasmas, bruxas e cabazas para decorar o cole. Mira, mira...