O pasado mércores 3 de xuño inauguramos a exposición do noso proxecto ART-LAB, podedes achegarvos á sala de exposicións da Biblioteca Municipal a vela ata o 10 de xuño. Mirade, mirade... está claro que estes peques son uns grandes artistas.
Páxinas
Etiquetas
A miña axenda
Alimentámonos
ALIMENTÁMONOS OU NUTRÍMONOS
Aliméntate ben
Aliméntate ben...
ANPA
As miñas obras de arte
As nosas mascotas
BIBLIOTECA
Biblioteca Cóntame un conto
Biblioteca Cóntame un conto Escoitamos como les
Biblioteca Creativa
Biblioteca Creativa. O meu anecdotario
BICHOS
Contame un conto
Cóntame un conto
Desccubrimos o corpo
Descubrimos o corpo
Donas de si
EACE
ECOEMBES
EDLG
EDUEMOCIONA
EDUsaúde
EDUsostibilidade
EMOCIÓNA-T
Escoitamos como les
Escoitamos como les Biblioteca
IGUÁLA-T
INCLÚE-T
INNOVA-LAB(Art-lab)
INNOVA-LAB(Leo-lab)
INNOVA-LAB(Mat-lab)
INNOVA-LAB(Sosti-lab)
Microrrede
MUSICA E EMOCIÓNS
Música e emocións
Nutriescolas
O meu anecdotario
O máxico mundo das matemáticas
O meu anecdotario
O meu anecdotario Biblioteca As miñas obras de arte
O meu anecdotario EDLG
O meu anecdotario Voz Natura
O meu anecdotario Voz Natura EDLG
O meu anecdotarito
O mundo das emocións
O mundo dos alimentos
Os bichos da horta
Os nosos nomes
PAISAXES EN PALABRAS
PAISAXES EN PALABRAS
PATAS PELUDAS
PIE
Plambe
PLANEA
PROXECTO TERRA
VIVARIUM
Volvemos ao cole
VOZ NATURA
Xogando coas palabras
Amosando publicacións coa etiqueta INNOVA-LAB(Art-lab) b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INNOVA-LAB(Art-lab) b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 6 de xuño de 2026
domingo, 19 de abril de 2026
COLLAGE CON CARLOS GALLEGO
Esta semana tivemos un obradoiro de collage con Carlos Gallego, con este debuxante galego iniciámonos nesta técnica artística que consiste en unir ou superpoñer materiais sobre unha superficie formando unha composición.
xoves, 29 de xaneiro de 2026
SON UN ARTISTA: TRAZOS E CORES PRIMARIAS
E así nos adentramos no mundo da arte e no programa educativo INNOVA-LAB. Na modalidade de ART-LAB achegámonos aos trazos máis básicos(círculo, liñas verticais e horizontais) e as cores primarias para logo descubrir as cores secundarias. Da man de Hervé Tullet, adentrámonos no mundo das creacións artísticas partindo do máis básico...
martes, 7 de outubro de 2025
MURAL CON DAVID CATÁ
O pasado curso comezamos co artista viveirense David Catá, antigo alumno do noso cole, o noso mural ecolóxico reciclando tapóns dentro do noso proxecto Sosti-lab. Este ano estivemos rematándoo coa axuda dos voluntarios de ALCOA, coa colaboración da ANPA e como non, dos nenos/as do cole que tamén son uns artistas.
1º Aos máis peques tocounos descubrir o mural do cole, o que os compañeiros/as fixeron o pasado curso.
2º Aprender a facer as flores no espazo creativo cos tapóns que trouxemos da casa.
3º Para finalmente acompañar a David no proceso de elaboración do mural e onde deixamos pegada coas nosas flores.
Mirade que preciosidade!
Tamén aproveitamos e aproveitaremos os tapóns para crear, xogar, construir... a verdade que é un material de refugallo imprescindible nesta etapa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























