xoves, 23 de xuño de 2022

ATA SEMPRE SUPERPLUMITAS

 Onte aínda que foi un día cheo de festa e alegría tamén foi un día triste pola despedida. Quero pensar que será un ATA SEMPRE, os meus nenos/as,  os meus SUPERPLUMITAS,  un grande equipo, estou segura, pola complicidade, o respecto que nos tivemos e tódolas vivencias que compartimos nestes 3 anos(2019-2022) e que xamáis esqueceremos. 

 Grazas Marina, Carmen R., Azahara, Celia, Carmen S., Santino, Julia, Hugo, Irene, Gabriela, Mathias, Noa, Dylan, Luna, Crismeiry, Ángela, Martina, Mario, Alesia, Gabriel, Mateo, Miguel Ángel e Sofia.


 Grazas por ensinarme tanto neste tempo e por compartir comigo os vosos soños e ilusións e por tantas, tantas... gañas de aprender. Foi bonito crecer ao voso carón, porque vós crecístedes e eu tamén un pouquiño máis. Sempre vos levarei no meu corazón. Os meus mellores desexos para esa nova singladura que comezaredes en setembro e na que xa non poderei viaxar con vós.

         

 Grazas mamis e papis, por estar aí sempre, sen o voso respaldo o noso traballo non sería posible. 

 Chus e Pablo e tódalas mestras da EEI San Roque queren desexarvos un bo verán e moita, moitísima sorte na vosa nova etapa.


mércores, 22 de xuño de 2022

RECOMENDACIÓNS PARA ESTE VERÁN

 Déixovos aquí diferentes enlaces de interese...

CONTOS EN PALABRAS

LECTURAS PARA VIVIR E COMPARTIR

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERDECONTOS

 E un conto de Lara, a nosa mestra en prácticas, que sempre se lembra de vós e que vos quere desexar o mellor na vosa nova etapa.



FESTA RACHADA NA FIN DE CURSO

 Como desfrutamos nestes días de finais de curso... Música, maxia, baile, xogos, obradoiros, merendas especiais, festa Holi... Unha fin de curso por todo o alto...

a)XOGOS: paracaídas, sombreiros, superheroes e superheroínas, conxelado, ratón que te pilla el gato e aros musicais.






b) MAXIA E DIVERSIÓN, no parque da Misericordia.




c) OBRADOIROS: maquillaxe, chapas, globofexia e tatuaxes.





d) FESTA HOLI, no cole.






TORTU E PINCHITOS... DESPEDIDA



 Entrade no seguinte enlace e poderedes ver a Tortu e a Pinchitos por última vez con nós no cole...

 DESPEDÍMONOS DE TORTU E PINCHITOS

martes, 21 de xuño de 2022

HOPELESS... TRISTEZA

 Rematamos o curso coa emoción da TRISTEZA...   Porque marchamos a outro cole, porque finaliza unha etapa, porque botaremos de menos ao San Roque, ás nosas profes de Infantil... 

 A través do cadro de Roy Lechestein amosamos a tristura... 

HOPELESS



DESFRUTANDO DOS RECUNCHOS NO 3º TRIMESTRE

 E seguimos crecendo, aprendendo, desfrutando e xogando...



luns, 20 de xuño de 2022

A NOSA PLANTACIÓN

 Mirade como crecen os castiñeiros que plantamos o pasado curso e as cabazas que plantamos neste...

              






 E deseguido amosamos as nogueiras que plantamos o Día da árbore no Parque Pernas Peón e que alguén arrancou, debía ser que lle molestaban, despois de telas plantado con tanto amor e ilusión. Grazas a sección de xardíns do Concello, a Kiko especialmente, por ter recuperado as nosas nogueiras e coidar tan ben os nosos castiñeiros. 

COIDEMOS O NOSO PLANETA, E O NOSO ENTORNO PRÓXIMO POLO BEN DE TOD@S





domingo, 19 de xuño de 2022

A NOSA MAQUETA: DESEMBOCADURA DO RÍO LANDRO

     A nosa vila ten unha paisaxe fermosa, uns espazos naturais moi interesantes polo que a través de esta maqueta representamos o noso entorno próximo, a desembocadura do río Landro...

























MUJER EN LA VENTANA

 Somos artistas coñecendo novas obras de arte nesta ocasión Pablo Picasso, filosofía e pintura... Observamos varias pinturas...

    MIRÓ:


    KANDINSKY:


    PICASSO:


    LEANDRO LAMAS: