Para conmemorar o Día do libro infantil as nosas profes nos agasallaron cun conto moi entrañabel Yo voy conmigo:
E para visibilizar o autismo, visualizamos contos e curtas, podedes clicar máis abaixo e velos. E tódolos/as nenos/as fixemos un infinito das cores do arco da vella, símbolo do Autismo, para logo colocalos nun infinito xigante. mirade que chulada!
Pola diversidade e pola inclusión o 22 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down utilizando as palabras, a poesía e a música, para celebrar tamén de forma conxunta o Día da poesía.
O 3 de decembro celebrouse o Día da diversidade funcional e nós no cole falamos do tema a través de varias curtas e facendo unha peza dun creabacabezas que elaboramos entre todos/as os grupos do cole. Mirade, mirade...
Coa chegada da primavera tamén conmemoramos o Día da poesía e o Día Mundial da Síndrome de Down(21 de marzo) así como o Día da auga(22 de marzo), elemento fundamental na vida dos seres vivos.
Polo benestar e os dereitos das persoas con diversidade funcional no cole e noutros ámbitos da sociedade. Existen persoas con capacidades diferentes entre si, incluso grandes variacións destas nun mesmo individuo ao longo da súa vida. Na sociedade existe diversidade funcional do mesmo xeito que se observan diversidades cultural, sexual e xeracional. Algunhas curtas para conmemorar este día:
O 2 de abril conmemoróuse o Día do libro infantil e o Día mundial da concienciación sobre o autismo. Premede nos seguintes enlaces, de seguro que vos resultan interesantes...
Coñecimos a Valentina, canta tenrura transmite, no teatro Pastor Díaz, unha nena con Síndrome de Down e tamén a algúns amigos/as de Aspanane coa mesma síndrome(Miguel, Luis, Badir, Sara C., David, Sara B. ...). Lembramos o vídeo explicativo coas características das persoas que nacen con esta Síndrome(un cromosoma máis, ollos rasgados...) e de ler o conto de Xela...
Debuxamos unha máscara de Valentina para sentirnos un pouco coma ela...
Outra historia interesante...
DÍA DA POESÍA
(21 marzo)
Introducimos o tema lendo e escoitando os poemas de Antón Cortizas, mestre e escritor, que o pasado mércores visitou o noso cole. Facendo rimas e escribindo o noso propio poema...
DÍA DA ÁRBORE
(21 marzo)
Os nenos e nenas de 6º plantamos unhas nogueiras nunha zona verde da nosa vila, o parque Pernas Peón. Unha árbore autóctona, unha árbore que aportará osíxeno ao noso medio, que dará o seu froito e que veremos crecer.
Percorremos o casco histórico e zonas moi próximas ao mesmo para descubrir diferentes lugares que nos proporcionan auga. As fontes, os lavadoiros, os pozos, nos proporcionan auga para o noso día a día. No pasado e tamén no presente ...
O pasado luns, 29 de novembro, tivemos a grande sorte de coñecer a Charo Pita, contacontosd e autora de La carrera, unha preciosa historia que fala da relación entre tres amigos Nino, Nono e Nana con diversidade funcional...
Esta semana participamos no concurso Cantamos con las manos, coa canción MULLER , como xa saberedes non saímos gañadores pero nos quedamos co grande traballo que fixemos en equipo no centro. Con gañas de seguir aprendendo a lingua de signos e de seguir traballando.
O pasado 2 de abril conmemorouse o Día do Libro Infantil e o Día Mundial do Autismo e quixemos, como non podía ser doutro xeito, celebralo no cole partindo da proposta CAMIÑANDO COA MÚSICA DAS PALABRAS(BIBLIOTECA).
Onte 21 de marzo conmemorouse o Día Mundial da Síndrome de Down, este ano no cole quixemos coñecer esta discapacidade intelectual para aprender a valorar ás persoas que teñen esta síndrome. Pintamos calcetíns diferentes e colgámolos nas fiestras para facer visible esta celebración.
Así comeza a canción que a profe Rocío escribiu e que compuxo coa súa familia, MULLER . Un texto bonito adicado a tódalas mulleres, sen esquecer a ningunha... Conmemoramos cantando o 8 de marzo, o Día Internacional da muller(BIBLIOTECA), debuxando á muller da nosa vida; participando nun experimento social proposto a nivel de centro que leva por título TEITO DE CRISTAL e escoitando o conto que Librín nos propuxo para este día nunha nova CITA A CEGAS e ao que tivemos que poñer un título.