sábado, 30 de xaneiro de 2021

PAZ, PAZ, PAZ...

     Ao longo desta semana conmemoramos o Día escolar da Paz e a non violencia(30 de xaneiro) participando nas propostas do equipo da BIBLIOTECA, en colaboración co EDLG.

  Cantamos a canción Todos queremos Paz, inventada pola profe Genma, coa colaboración dos nen@s de 6ºB, descubrimos os contos O rey que bordaba estrelas e Brancos e Negros. Bordamos estrelas, inventamos un título e un novo final para o conto dos elefantes, escribimos palabras que para nós significan a Paz(amor, bicos, abrazo, corazón, xogar, compartir, axudar, non pelexar, non facer guerras...) e ilustramos a canción.


 Déixovos uns xogos para reforzar os contidos traballados, lembrade que tamén os tedes no apartado Os nosos xogos, na columna dereita do noso blog:

CLASIFICA O REI QUE BORDABA ESTRELAS

MEMORIA O REI QUE BORDABA ESTRELAS

xoves, 28 de xaneiro de 2021

GARAVANCIÑO

 Había unha vez unha familia que tiña un fillo moi pequeno moi pequeno... 

 Este conto popular, este relato da tradición oral, contribúe a construír a mente dos primeiros lectores. Os contos populares son o nexo entre a cultura dos maiores e o mundo moderno.


  Debuxamos ao protagonista do conto, ordenamos as viñetas do mesmo e reforzamos os contidos a través dos seguintes xogos: Garavanciño(memoria)  e Garavanciño(secuencia)

    Noa e súa nai se convirten en contacontos e nos agasallan con esta pequena historia que poderedes atopar no apartado Cóntame un conto. 







martes, 26 de xaneiro de 2021

DECEMBRO

 Seguímonos familiarizando co calendario: os días da semana, números do mes, datas importantes, os meses do ano... Lembrando parte do noso pasado máis recente, unha maneira de lembrar vivencias próximas no tempo.




sábado, 23 de xaneiro de 2021

XOGAMOS NO NOSO BLOG

 Estreamos un novo apartado no noso blog OS NOSOS XOGOS, na columna da parte dereita atoparedes o listado. Servirán para reforzar os contidos traballados e para que desde a casa, os que nestes momentos teñen que estar confinados, sigan a actividade do cole.

  De momento estes son algúns dos xogos que temos:

GARAVANCIÑO(memoria)

GARAVANCIÑO(secuencia)

HASTA QUE PODAMOS ABRAZARNOS(ourizos ou tartarugas)

AVES(identificación)

AVES(clasificación)

luns, 18 de xaneiro de 2021

QUE SABEMOS DOS PAXAROS?

 Continuamos co noso traballo de investigación sobre os paxaros, lembramos e identificamos aqueles paxaros que nos son máis familiares ou coñecidos e intentamos representalos a través do debuxo e o modelado con plastilina. Tamén levamos unha sorpresa ao recibir a visita do noso amigo o pato Zapato, o noso compañeiro de aventuras do pasado curso, e os seus amigos, un moucho e unha avestruz moi interesantes.









venres, 15 de xaneiro de 2021

CANCIÓNS QUE NOS UNEN

    Á volta do Nadal quixemos lembrar unha das cancións que máis soou nesas datas, Cando é Nadal(Iván Vale), tódolos nenos/as do San Roque a coñecemos. Desde os diferentes recunchos do colexio se escoitaba. Cantándoa nos sentimos, a pesar de todo, máis unidos que nunca. As palabras que nos enchen son moi importantes no noso crecemento e as que nos van enriquecendo ao longo da nosa vida. Non só buscamos palabras tamén acompañamos a letra da canción co debuxo da personaxe de Nadal que máis nos gusta... Apalpador, Papá Noel e Reis Magos...



xoves, 14 de xaneiro de 2021

MAMÁ CABRA E A FRAGA DO MEU AVÓ

 Esta semana  nos aledamos moito de recibir un pequeno paquete no cole  para nós e os nosos compañeiros/as de 5ºA, contiña algo que pertencía á Fraga do meu avó. Mamá Cabra no lo mandaba agradecéndonos a nosa labor como ecoloxistas e a nosa preocupación e respecto pola fraga galega.





   Mamá Cabra grazas, grazas Gloria por este tres en raia tan orixinal. Estes días comezamos a xogar  con el no recuncho da lóxica-matemática.





mércores, 13 de xaneiro de 2021

VOLTA AO COLE DESPOIS DO NADAL

     Aínda que non é fácil volver ao cole nestes momentos, intentaremos coidarnos moito para poder continuar coa nosa rutina diaria que tanto necesitamos... Este Nadal aínda que non foi perfecto, como di a canción, por non ter con nós a tódolos membros da nosa familia, foi tamén especial pero diferente... Volver ao cole significa rencontrarnos de novo e iso sempre nos alegra e nos motiva para seguir cumprindo os nosos soños e seguir crecendo como persoas. 

  Nese reencontro falamos do Nadal, do que fixemos coa familia e dos agasallos que nos deixaron o Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos. 


 Non o ides crer pero no cole tamén nos estaba agardando un gran agasallo, un paquete grande e un pouco pesado... unha sorpresa grata para tod@s.