Amosando publicacións coa etiqueta ALIMENTÁMONOS OU NUTRÍMONOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ALIMENTÁMONOS OU NUTRÍMONOS. Amosar todas as publicacións

martes, 15 de xuño de 2021

ALIMENTÁMONOS DAS PLANTAS

 As plantas nos dan a vida, non só nos aportan osíxeno senón tamén alimento. Aprendimos visitando a horta; plantando, sementando no cole, coidando e regando; cales son as partes dunha planta; nalgunhas plantas comemos a raíz, noutras o talo, noutras as follas ou a flor e noutras o froito; dos froitos podemos obter a semente para poder plantar...

 Mirade como van os nosos bonecos crecepelo...

xoves, 3 de xuño de 2021

FAGO CLIC AO MEU BOCATA

 O pasado luns, 31 de maio, participamos na proposta da Consellería FAI CLIC AO TEU BOCATA... 



Agora queda que os nenos/as e as familias se animen a elaborar este tipo de bocatas tan saudables e que podan traelos ao cole os martes e xoves.

xoves, 6 de maio de 2021

A VOLTAS COAS SEMENTES E AS PLANTAS

 Seguimos  coñecendo máis de preto ás plantas... sementamos, trasplantamos, regamos, coñecemos as sementes de diferentes froitas, verduras, hostalizas... experimentamos...

REGAMOS



CADERNO DAS SEMENTES






Gardamos as sementes da froita das merendas para logo completar o caderno das sementes.


COIDAMOS  DA NOSA PLANTACIÓN

Pementos(comemos o froito), leitugas(comemos as follas), tomates(comemos o froito), cabaciño(comemos o froito) e cenorias(comemos a raiz).



EXPERIMENTOS E BONECOS CRECEPELOS



OUTRAS PLANTAS CON FLOR(unha para cada equipo)

   




venres, 30 de abril de 2021

ESCOITAMOS COMO LES, ESCOITAMOS COMO CONTAS...

 Nestes días gozamos dos contos lidos e contados, do teatro en streaming...

A MELLOR SOPA DO MUNDO






AS FABAS MÁXICAS

(Abanca+Caramuxo teatro)





As nosas fabas tamén serán máxicas?




LOBO FEROZ


Grazas a María(mamá de Hugo) e súa irmá Silvia(mamá de Ángel López) por dedicarnos parte do voso tempo contándonos este conto tan bonito e divertido. Gustóunos moitísimo!

PESAMOS OS ALIMENTOS... ETIQUETAS E MARCAS DOS PRODUTOS ...

 Continuamos co noso Plan Proxecta Alimentámonos ou nutrímonos...

 
                                                                                   


 Mirade que recibimos a semana pasada de parte do GADIS, por paticipar no seu programa ALIMENTES... Menuda sorpresa cando viron o paquete!





venres, 23 de abril de 2021

SEMENTAMOS E TRANSPLANTAMOS

 Para continuar conmemorando o Día da Terra,  sementamos hortalizas e verduras na nosa mesa de cultivo e transplantamos outra vez máis os nosos castiñeiros que seguen crecendo e crecendo. Cada equipo decidiu entre unha variada gama de sementes o que quería plantar, escolleron cenorias, tomates, pementos, leitugas e cabaciños. Na horta urbana xa plantáramos porros, cebolas, leitugas e cabazas en planta e agora experimentamos coas sementes.




AS 3 R: REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR

  Ao longo destas dúas últimas semanas nos adentramos no mundo das 3R e conmemoramos así, o Día da Terra(22 de abril).

 Falamos de como podemos REDUCIR o consumo de auga, luz, papel, envases de plástico(usamos cantimploras nas merendas)...

 Coa axuda do blog de VOZ NATURA, cos vídeos e actividades  realizadas reforzamos contidos, así como coas actividades da proposta didáctica ENERXÍA PARA MEDRAR do EROSKI.


Elaboramos diferentes caixas do lixo no recuncho da plástica para RECICLAR e clasificar os residuos que xeramos...






E non podemos esquecer a palabra REUTILIZAR, hai moitísimas cousas que en lugar de tiralas ao lixo as podemos usar de novo pero con outro finalidade. No cole reutilizamos, agora anímate a facelo na casa...


 Para seguir aprendendo máis sobre este tema nos conectamos por streaming onte, cunha proposta do Concello sobre as 3R.