martes, 27 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

 AS PALABRAS DE ROSALÍA

 O pasado 23 de febreiro celebramos o aniversario de Rosalía, a nosa galega máis universal... Os seus poemas fixéronse nosos e a súa lingua, a nosa lingua, tamén... 



luns, 26 de febreiro de 2024

OBRADOIROS CON MIUDIÑO E CON ALMUDENA ALONSO

 Como gozamos cos obradoiros de Miudiño e Almudena Alonso, xogos naturais para o noso patio e borranchobots, robots feitos con vasos de plástico e rotus moi simpáticos.

MIUDIÑO



                        ALMUDENA ALONSO




venres, 23 de febreiro de 2024

MAMÁS CIENTÍFICAS

 Esta semana foi moi especial, algunhas mamás viñeron ao longo destes días para facer experimentos e conmemorar A semana da muller e a nena na Ciencia.

Volcáns, chuvia e leite de cores, motores, imáns, area máxica, refracción, velas... Un pracer que nos puiderades acompañar Verónica, Susana, Lidia, Ana, Sofía, Rosa e Melodi.









ESCOITAMOS COMO LES: LA MASCOTA MÁS GRANDOTA

 E así arrancamos con esta actividade un curso máis, desde o centro animamos a tódalas familias a participar, sempre da moi bo resultado. Nesta ocasión Raquel, a mamá de Liam, quixo adicarnos un pouco do seu tempo para acompañarnos e lernos La mascota grandota.



luns, 19 de febreiro de 2024

BRAZOLINDA: XOGAR APRENDENDO



 Grazas familias por acompañarnos o pasado venres nesta actividade. Resultou moi enriquecedor para os nenos/as xogar con estes recursos tan orixinais e telo compartido con mamá, con papá, coa tía, co tío, co avó, coa avoa...


domingo, 11 de febreiro de 2024

IOGA(1ª sesión)


 E voltamos a re-encontrarnos con Hugo Eiroá o noso profe de Ioga. Xa nos tardaba a verdade...