Comezámolo noso Samaín creando monstros mariños en familia, impresionantes, a verdade... Moita variedade e creatividade! Grazas.
E así gozamos desta festa...
Comezámolo noso Samaín creando monstros mariños en familia, impresionantes, a verdade... Moita variedade e creatividade! Grazas.
E así gozamos desta festa...
O pasado mércores iniciamos as nosas sesións mensuais de ioga con Hugo Eiroá, un pracer reencontrarnos con el...
O 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas para celebralo visitamos a Biblioteca Municipal e contamos o conto de CROCODILO coa axuda das nosas mestras Maitane e Rocío aos nosos compis de 4º e 6º...
NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
CONTAMOS O CONTO DO CROCODILO

O pasado 19 de outubro foi o Día das escritoras e para conmemoralo limos o conto da escritora galega Charo Pita, VELLIÑAS...
Como nos gustan os contos, cada día lemos un ou dous... É un momento especial onde traballamos a escoita con atención, a calma, a compresión, moito vocabulario e moitas expresións, un momento agaradable e compartido.
Debuxamos ao personaxe principal e falamos dos personaxes secundarios...
Como gozamos esta semana das actividades do ERASMUS DAYS. Preparamos para a ocasión unhas máscara coa cor e as estrelas da bandeira europea para realizar cada unha das actividades programadas para cada día despois de visualizar o vídeo de Librín:
O XOVES VIAXAMOS A SUÍZA ESCOITANDO UN CONTO
O VENRES VIAXAMOS A BÉLXICA XOGANDO COA AUGA

E continuamos coas caixas e co noso noso PDI(Proxecto Documental Integrado) UNHA CAIXA CHEA DE ...? Nesta ocasión non había un tesouro dentro das caixas senón nós mesmos/as e os obxectos do cole que cada un foi escollendo polas diferentes zonas das nosas aulas...
Non só nos divertimos senón que traballamos a atención e a memoria visual. Que ben o pasamos!!!