Amosando publicacións coa etiqueta INNOVA-LAB(Sosti-lab). Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INNOVA-LAB(Sosti-lab). Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de xuño de 2025

BICHOS: INSECTOS E OUTROS

    

    Ao longo do curso estivemos investigando sobre os bichos, aprendimos moito sobre as arañas, os insectos e outros moitos bichos que nos rodean...




 Estes son os bichos que coleccionaba a mamá de Gaelia e encántanos xogar con eles... 











    A nosa compañeira Sira tamén ten na casa vermes de seda e quixo amosarnos a metamorfose dos mesmos...




A profe Rocío tamén nos amosou un capullo de seda e os ovos da bolboreta...




sábado, 14 de xuño de 2025

sábado, 10 de maio de 2025

UN MURAL CON DAVID CATÁ

Ao longo da semana acompañounos o noso amigo e artista David Catá, xa é o segundo curso que está con nós e facemos con el a nosa segunda grande obra de arte. 

Nesta ocasión reutilizamos e clasificamos tapóns de cores para logo crear flores e fundir as nosas pequenas creacións na pintura artística que David deixou plasmada no muro do cole. Logo gozamos do mural amosándollo ás nosas familias e fotagrafando ese instante para sempre.






 


mércores, 9 de abril de 2025

O MUNDO DAS ABELLAS

 Canto estamos aprendendo sobre os insectos, nesta ocasión fixemos un obradoiro sobre as abellas da man de Iago e Marita. Vimos como deseñan as súas colmeas, como recollen o pole das flores, como é a súa metamorfose, como se organizan para facer o mel... Tamén fixemos unhas velas sinxelas con cera e nos vestimos co traxe do apicultor...






DÍA DAS TORTILLAS NAS NOGUEIRAS


           

Celebramos un ano máis o Día das tortillas, o tempo acompañounos nas Nogueiras, un auténtico día de primavera... 

COMIMOS A TORTILLA E XOGAMOS


INVESTIGAMOS FAUNA E FLORA


HOTEL DE INSECTOS

Aproveitamos a saída para colocar o noso hotel de insectos...