domingo, 17 de setembro de 2023

UN NOVO CURSO E UNHA NOVA MASCOTA

 A pasada semana iniciamos un novo curso e unha nova andaina xuntos. O reencontro cos compañeiros/as, a nosa mestra Rocío, novas caras no cole, novas profes e novos/as compañeiros/as. Novas aulas e unha nova mascota, seguimos sumerxidos no fondo do mar e do noso querido polbo Pepito pasamos a un cangrexo. Andamos buscándolle un nome orixinal, xa temos unha lista con propostas moi interesantes, en breve, desvelarémolo...


 De momento, iremos coñecéndoo un pouco máis e deixamos aquí algunhas cancións divertidas que nos falan dos cangrexos...

UN CANGREJO EN EL MAR

CANGREJITO DE CORAL

¡CANTA LA CANCIÓN DEL CANGREJO!