mércores, 23 de xuño de 2021

REMATE DO CURSO

 Onte martes vivimos unha fin de curso chuviosa,  pero a pesar diso, quixemos darlle cor coas bandeiras pola diversidade e alegría coa música... Menuda sorpresa  ao ver de novo a Tortu e a Pinchitos, as nosas mascotas do cole, que están en acollida na casa da nosa profe Rocío.


        TORTU E PINCHITOS DE NOVO NO COLE

 Despois de máis dun ano sen velas no cole, Tortu e Pinchitos veñen a visitarnos... Menuda sorpresa nos levamos, non o podiamos crer!

 Lembrade que tamén engadimos no apartado das nosas cancións os vídeos:

CHEGA O VERÁN

CANCIÓN FIN DE CURSO


luns, 21 de xuño de 2021

O LIBRO XIGANTE DOS ANIMAIS: RÉPTILES E PEIXES

 Continuando coas nosas mascotas, tócanos investigar sobre os RÉPTILES E PEIXES...



                                    

RÉPTILES E PEIXES









O LIBRO XIGANTE DOS ANIMAIS

Tamén tedes un xogo novo no apartado OS NOSOS XOGOS:

RÉPTILES E PEIXES(relaciona)


XUÑO, XULLO E AGOSTO

 Finalizamos o curso co noso calendario, ao longo desta semana celebramos os aniversarios do verán e sinalamos estas datas importantes...

sábado, 19 de xuño de 2021

ALEGRÍA

 Continuamos coas emocións nesta ocasión a ALEGRÍA... Dialogamos, lemos contos e pintamos...





EL ÁRBOL DE LA VIDA. KARLA GERARD




xoves, 17 de xuño de 2021

... E COLORÍN, COLORADO...

Un novo mundo se abre con cada conto, seguimos a crear historias dentro da aula e de forma autónoma...

ARCO DA LÚA 

Unha bonita historia onde o arco da vella ten moito que ver cos soños dos animais protagonistas...


O SORRISO DE DANIELA

Daniela invade co seu sorriso a Roberta, Roberta a Aniceto, Aniceto a Camila... e así será como a ALEGRÍA os invade a cada un deles.



APRENDENDO NOS RECUNCHOS

 Continuamos aprendendo xogando, cada día visitamos os nosos recunchos de xogo, imos rotando por equipos e ás veces o xogo é libre e outras dirixido...


 Neste último trimestre montamos a Clínica Veterinaria no recuncho do xogo simbólico e no da plástica un obradoiro de esculturas:

CLÍNICA VETERINARIA

MULLER E PAXARO(Joan Miró)










martes, 15 de xuño de 2021

ALIMENTÁMONOS DAS PLANTAS

 As plantas nos dan a vida, non só nos aportan osíxeno senón tamén alimento. Aprendimos visitando a horta; plantando, sementando no cole, coidando e regando; cales son as partes dunha planta; nalgunhas plantas comemos a raíz, noutras o talo, noutras as follas ou a flor e noutras o froito; dos froitos podemos obter a semente para poder plantar...

 Mirade como van os nosos bonecos crecepelo...

sábado, 12 de xuño de 2021

CANTAMOS CON LAS MANOS

 Esta semana participamos no concurso Cantamos con las manos, coa canción MULLER , como xa saberedes non saímos gañadores pero nos quedamos co grande traballo que fixemos en equipo no centro. Con gañas de seguir aprendendo a lingua de signos e de seguir traballando.

 Os vídeos gañadores  podédelos ver pulsando aquí:  CANTAMOS CON LAS MANOS


 A nosa noraboa aos premiados e o noso agradecemento ás familias por participar na votación, moitiiiiiiiiiiiiiiisimas grazaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaas!

luns, 7 de xuño de 2021

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE: TRASPLANTAMOS OS NOSOS CASTIÑEIROS

 Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño,  fomos a trasplantar os nosos castiñeiros. As nosas árbores seguían crecendo e precisaban unhas macetas máis grandes, coa axuda do persoal  de xardíns do Concello de Viveiro, cambiamos os castiñeiros das botellas de plástico a macetas xigantes para que crezan fortes e alcancen a altura adecuada para poder plantalos nun espazo natural do noso municipio. Os traballadores de xardíns serán os responsables de coidalos a partir de agora... Grazas a Santi pola súa colaboración e a Kiko por recibirnos tan ben no seu lugar de traballo.


  Aproveitamos a ocasión para percorrer algúns espazos de Viveiro, localizar algúns monumentos(porta de Carlos V, Ponte da Misericordia...), centros educativos(CEP Lois Tobío e IES Vilar Ponte) e ver a rosa dos ventos xigante dos xardíns Noriega Varela.




xoves, 3 de xuño de 2021

FAGO CLIC AO MEU BOCATA

 O pasado luns, 31 de maio, participamos na proposta da Consellería FAI CLIC AO TEU BOCATA... 



Agora queda que os nenos/as e as familias se animen a elaborar este tipo de bocatas tan saudables e que podan traelos ao cole os martes e xoves.

ABRIL E MAIO

 











mércores, 2 de xuño de 2021

PRIMAVERA

 Coa primavera todo se enche de flores, ata o noso cole...

MURAL DA PRIMAVERA

MODELAMOS CON PLASTILINA

ESTAMPAMOS CON FROITAS, HORTALIZAS 

E VERDURAS