Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño, fomos a trasplantar os nosos castiñeiros. As nosas árbores seguían crecendo e precisaban unhas macetas máis grandes, coa axuda do persoal de xardíns do Concello de Viveiro, cambiamos os castiñeiros das botellas de plástico a macetas xigantes para que crezan fortes e alcancen a altura adecuada para poder plantalos nun espazo natural do noso municipio. Os traballadores de xardíns serán os responsables de coidalos a partir de agora... Grazas a Santi pola súa colaboración e a Kiko por recibirnos tan ben no seu lugar de traballo.
Aproveitamos a ocasión para percorrer algúns espazos de Viveiro, localizar algúns monumentos(porta de Carlos V, Ponte da Misericordia...), centros educativos(CEP Lois Tobío e IES Vilar Ponte) e ver a rosa dos ventos xigante dos xardíns Noriega Varela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario