mércores, 8 de maio de 2024

martes, 7 de maio de 2024

PRIMEIROS AUXILIOS+MAMÁS

 Hoxe queremos agredecer a Sonia, mamá de Sira e a Fátima, mamá de Bruno, que nos adicaran o seu tempo. Toda unha experiencia e un primeiro contacto cos primeiros auxilios, coa RCP, coa posición lateral de seguridade,...

xoves, 2 de maio de 2024

ALIMENTÁMONOS: GADIS ALIMENTES

 GADIS ALIMENTES

Este curso participamos no programa ALIMENTES do GADIS  e dentro do mesmo realizamos onte a seguinte visita...



E continuamos coa nosa aprendizaxe sobre os alimentos...













domingo, 28 de abril de 2024

PABLO OTERO=LIBRO OBXECTO

 Creando na Biblioteca con Pablo Otero, artista galego autoidacta, a partir de material de refugallo os nenos/as crearon unha bonita obra de arte... Toda unha experiencia....



sábado, 27 de abril de 2024

DESCUBRINDO O CÓMIC


 E así nos achegamos ao cómic, coas aportacións das familias nos introducimos nas viñetas, nos bocadillos, nas personaxes... Con eles participamos  na exposición que se fixo a nivel de centro, xunto cos marcapáxinas tan chulis que creamos na casa para esta ocasión...

Coñecimos ao cómic 13, Rue del Percebe de Francisco Ibáñez, á porteira e ao gato personaxes  que formarán parte da creación plástica da EEI San Roque na exposición da Microrrede da Mariña.


mércores, 24 de abril de 2024

ESCOITAMOS COMO LES: DAME HELADO O ME DESHAGO

 Nesta ocasión, a que nos sorprendeu con un conto foi a mamá de Kylian, un conto da colección Escuela de monstruos... Grazas por acompañarnos o 23 de abril, día do libro....


Como tamén celebramos, ese mesmo día, o Día do libro, a profe Fátima contounos un conto que nunca esqueceremos, Hansel e Gretel ou o que é o mesmo A casiña de chocolate...



MARIÑA AMBIENTAL: RECOLLENDO LIXO NA PRAIA DE COVAS

  Dentro do Proxecto Mariña Ambiental, da UDC xunto coa Fundación Alcoa,  realizamos unha recollida de lixo na praia de Covas, clasificando o lixo nos correspondentes contedores...






luns, 22 de abril de 2024

IOGA(3ª sesión)

 Hugo sempre nos sorprende, o pasado mércores descubrimos a postura de diferentes animais(cobra, ra, moucho...) e novos instrumentos...

xoves, 18 de abril de 2024

ESCOITAMOS COMO LES: LUME, UN CAN DE PALLEIRO...

 Nesta ocasión tivemos a sorte de que nos acompañara Rosa, a avoa de Izan Gómez... Grazas por compartir esta historia e permitirnos darlle un repaso aos animais da granxa...



A MIÑA AXENDA: MARZO

 Continuamos coa nosa axenda, tócalle o turno ao mes de marzo e tódalas datas importantes...



mércores, 17 de abril de 2024

martes, 16 de abril de 2024

CREANDO ARTE CON DAVID CATÁ

 Coñecendo a David Catá, artista viveirense, a través da súa propia arte... Foron momentos especiais e compartidos coas familias, grazas polos que vos achegástedes, o pasado xoves...





SEMENTANDO CHÍCHAROS

 E sementamos chícharos no noso calzado... Nestes días xa están xerminando, igual que as cabazas que plantamos no invernadoiro...



venres, 5 de abril de 2024

CÓNTAME UN CONTO: O SOÑO DO OSIÑO ROSA

 Como nos gustan os contos, unha recomendación lectora para este mes de abril, o mes do libro. Todos queremos ver cumpridos os nosos soños, o osiño rosa tamén... pero non todos/as temos o mesmo soño...



xoves, 4 de abril de 2024

2 DE ABRIL: LIBRO INFANTIL E AUTISMO

 Para conmemorar o Día do libro infantil as nosas profes nos agasallaron cun conto moi entrañabel Yo voy conmigo:

 E para visibilizar o autismo, visualizamos contos e curtas, podedes clicar máis abaixo e velos. E tódolos/as nenos/as fixemos un infinito das cores do arco da vella, símbolo do Autismo,  para logo colocalos nun infinito xigante. mirade que chulada!

JUAN TIENE AUTISMO

EL VIAJE DE MARÍA

MI HERMANO LUCA


domingo, 24 de marzo de 2024

SEMENTAMOS: AUGA E ÁRBORE

 

Para conmemorar o Día da auga(22 de marzo) e o Día da árbore(23 de marzo) sementamos cabazas, falamos da importancia da auga nas nosas vidas e para as plantas e da necesidade de vivir rodeados de plantas e de árbores polo ben da natureza e da nosa saúde(alimentación, respiración...).




sábado, 23 de marzo de 2024

SÍNDROME DE DOWN E POESÍA

 Pola diversidade e pola inclusión o 22 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down utilizando as palabras, a poesía e a música, para celebrar tamén de forma conxunta o Día da poesía.


venres, 22 de marzo de 2024

ALIMENTÁMONOS(1ª parte)

 

   

 Continuamos co mundo dos alimentos, unha alimentación saudable(a pirámide e a roda dos alimentos), clasificación dos alimentos(de orixe vexetal e de orixe animal) e a visita a un supermercado(lista da compra, seccións do mesmo, ticket de compra...)...

A RODA DOS ALIMENTOS



ALIMENTOS DE ORIXE VEXETAL E ANIMAL

VISITA AO GADIS




Estamos participando no programa ALIMENTES  do GADIS...