luns, 31 de maio de 2021

EMOCIÓNS: PERCORRIDO POLO MONTE ALOIA E EMOTICONOS.

 Continuamos traballando coas emocións, coa axuda da rosa dos ventos e na cuadrícula do patio facemos un percorrido polo monte Aloia como proposta do proxecto da Fundación Meniños, Viaxe ao reino das emocións(EACE).



 Por certo, cando comezamos a xogar coa rosa dos ventos, propúxenlles aos nenos e nenas un reto que tiñan que conseguir co axuda da súa familia. Algúns buscaron e decubriron onde estaba a rosa dos ventos xigante en Viveiro. Julia, nos enviou esta foto da súa búsqueda en familia...


 Tamén elaboramos uns crebacabezas con emoticonos no recuncho da plástica que expresan alegría, enfado, medo, sorpresa e amor. Estes días estamos xogando con eles no recuncho dos crebacabezas.






venres, 28 de maio de 2021

O MUNDO MÓVESE SE NOS MOVEMOS

 Esperamos o xoves con alegría porque ese día temos Psicomotricidade. Así nos movemos nos novos xogos do patio, que ben o pasamos!

       

       

       


luns, 24 de maio de 2021

CELEBRANDO OS MAIOS

 O venres o cole encheuse de flores, celebramos Os Maios como é habitual aínda que nesta ocasión dentro do cole. Cantamos a canción tradicional de Viveiro, vestímonos para a ocasión, pintamos flores no patio con xices, decoramos as ventás das aulas e corredores e bailamos con música tradicional.

    Se queres escoitar a canción e ver o vídeo resumo da nosa celebración pincha aquí: MAIOS 2021(EDLG)







                                         

venres, 21 de maio de 2021

DRACO E AS EMOCIÓNS

 Esta semana no recuncho da lóxica-matemática experimentamos cun novo xogo o de Draco e as emocións. Unha vez máis coa axuda dos escornabots poñemos en práctica a atención, a memoria o razonamento, a orientación espacial, o cálculo numérico e reforzamos a conciencia emocional.



venres, 14 de maio de 2021

XELA POLAS LETRAS GALEGAS

 Adentrámonos  na vida e obra de Xela Arias Castaño. Escritora, tradutora, editora e profesora galega que levaba por bandeira a nosa lingua. Xeliña como a chamaban os máis achegados , tivo unha vida curta pero intensa... Grazas por enriquecer a nosa cultura e a nós mesmos...

  Tampouco quixemos esquecer a Rosalía, que naquel 17 de maio de 1963, foi a primeira homenaxeada nas Letras Galegas, no centenario da primeira edición de Cantares gallegos.


  LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS(EDLG)


INVESTIGAMOS



RETRATAMOS


CREAMOS





 XELA ESCRITORA, POESÍA E NARRACIÓN



xoves, 6 de maio de 2021

A VOLTAS COAS SEMENTES E AS PLANTAS

 Seguimos  coñecendo máis de preto ás plantas... sementamos, trasplantamos, regamos, coñecemos as sementes de diferentes froitas, verduras, hostalizas... experimentamos...

REGAMOS



CADERNO DAS SEMENTES






Gardamos as sementes da froita das merendas para logo completar o caderno das sementes.


COIDAMOS  DA NOSA PLANTACIÓN

Pementos(comemos o froito), leitugas(comemos as follas), tomates(comemos o froito), cabaciño(comemos o froito) e cenorias(comemos a raiz).



EXPERIMENTOS E BONECOS CRECEPELOS



OUTRAS PLANTAS CON FLOR(unha para cada equipo)