luns, 31 de xaneiro de 2022

PLÁSTICOS NON

 Para conmemorar o Día mundial da educación ambiental, 26 de xaneiro, elaboramos, coa axuda das familias, unha bolsa cunha camiseta coa idea de reducir os plásticos. Decorámolas no cole e así de bonitas nos quedaron. Animádevos a facer unha na vosa casa é moi sinxelo.

 












PAZ NA PALABRA

 Un ano máis celebramos o Día da Paz,  30 de xaneiro, transmitindo mensaxes a través das palabras COMPARTIR, QUERERSE, AXUDAR, XOGAR... Recitando o poema que a nosa mestra escribiu para este día Paz na palabra, e completando a pomba da Paz, elaborada por tódolos nenos/as do centro e para a que cada grupo recitou un poema. Non podemos esquecer a música, que tanto nos enche cada día, Terra de Tanxugueiras e Capaz coa Paz do mestre Iván Vale.







xoves, 27 de xaneiro de 2022

O MUNDO DAS EMOCIÓNS: IRA

 Ira, enfado, rabietas, pataletas, mal humor,... o non sempre por diante... Abrimos o noso abanico das emocións...

  Co conto de Flora, comezamos a traballar as emocións este ano:

E tamén con estas cancións:


  Continuamos con:

 

                                              


martes, 25 de xaneiro de 2022

INVESTIGAMOS SOBRE O BICHO ESTRAÑO

 


                                         

 Entre tod@s e coa axuda das nosas familias averiguamos de que bicho se trataba... Partimos da idea de que non era un insecto, porque xusto estes días estabamos ás voltas coas características dos mesmos. O bicho estraño non tiña ás para voar, nin tórax, nin abdomen pero si extremidades aínda que moitísimas máis de 6 patas. Descartamos que fora un insecto e preguntamos ás nosas familias de que bicho se trataba... Luna, coa axuda de súa nai, díxonos que era un cempés e Martina coa axuda do seu avó que era unha escolopendra. A partir dese día seguimos investigando...




mércores, 19 de xaneiro de 2022

UN BICHO ESTRAÑO NA NOSA AULA MESTRES INVESTIGAMOS SOBRE OS INSECTOS

 Continuamos neste segundo trimestre co proxecto OS BICHOS DA HORTA, lembramos o que traballamos ata o momento sobre as arañas e o centrámonos agora nos insectos, as súas características e tipos de insectos...







  En  isto estabamos estes días cando descubrimos un bicho estraño na nosa aula... Agora toca investigar sobre el e descubrir de que bicho se trata...






martes, 18 de xaneiro de 2022

luns, 17 de xaneiro de 2022

UNHA CAIXA MÁXICA PARA CREAR

 Despois da campaña do Nadal MÁIS XOGUETES, LIBROS, CONTOS E MENOS PANTALLAS e de falar sobre os agasallos que nos trouxeron os Reis Magos, Papá Noel e o Apalpador descubrimos a mañá do mércores dúas caixas de madeira algo misteriosas... Apalpamos, desinfectando as mans, sen ver o que había dentro, e imaxinando sen dicir nada o que tocamos... Logo pechamos os ollos e todos e todas á vez dixemos as palabras que estaban no noso pensamento... CONCHA, HUESO, PIEDRA, ROCA, CARBÓN... entre outras. Descubrimos deste xeito e despois de ver o que contiña cada unha que eran CAIXAS MÁXICAS, unha das propostas feitas por Uxía nesta campaña.


            

 Mirade todo o que creamos no recucho...



 Animádevos a construir tamén a vosa caixa máxica é moi sinxelo, o contido pode ser moi variado, podedes meter nela o que se vos ocurra.

                                           

xoves, 13 de xaneiro de 2022

CONVIRTE A TÚA CAMISETA NUNHA BOLSA

    Lanzamos unha proposta para as familias e a escola, en casa e coa vosa axuda, os nenos/as  elaborarán un bolsa cunha camiseta vella, deixámosvos un vídeo de como facelo, resulta bastante sinxelo. 
    A proposta xurdiu co tema da redución de plásticos e para conmemorar o Día mundial da educación ambiental(Voz Natura e Edusostibilidade), o 26 de xaneiro.  Logo continuaremos coa actividade no cole para rematala.




ESCOITAMOS COMO LES

 Comezamos o segundo trimestre coa ilusión de volver a vernos despois dun Nadal tan esperado, aproveito para saudarvos  e desexarvos todo o mellor nestes tempos tan complicados para tod@s. 

 Quería recordarvos unha vez máis a posibilidade de participar na actividade ESCOITAMOS COMO LES, proposta polo Equipo da Biblioteca, para que as familias contedes en streaming un conto aos voso fillo e filla e os seus compañeir@s. Poden participar eles, papá, mamá, avós, tíos... calquera que se preste a contarnos un conto ou a lernos, e por suposto queira compartir con nós un momento agradable. Poden ser un vídeo ou incluso en directo a través dunha videoconferencia.

  Se clicades no seguinte enlace veredes unha das últimas publicación s da noso blog da Biblioteca de Librín, onde se nos informa dunha boa nova para o centro e onde se amosa un conto sinxelo gravado e contado en familia. 

LECTURA E FAMILIAS(Biblioteca)

Agardo que vos animedes e participedes...