Amosando publicacións coa etiqueta A miña axenda. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A miña axenda. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de xaneiro de 2025

BICHOS: O MUNDO DAS ARAÑAS

Despois de visitar a horta na primavera e poder ter a diferentes bichos na man, no mes de maio, grazas a Miguel Santamaría, adentrámonos no mundo dos bichos. Primeiro falamos sobre OS BICHOS DA HORTA... QUE SABEMOS? 

 Falamos sobre o tema e nos centramos en investigar ás arañas,  a raíz da festa do Samaín que tiña como núcleo motivador  a estes arácnidos...



AS CORES DAS ARAÑAS





CARACTERÍSTICAS DAS ARAÑAS





       








venres, 29 de novembro de 2024

ENTRETECER POLO 25 N




 Este ano  polo DÍA DA NON VIOLENCIA quixemos entretecer coas avoas. Coa axuda de Noela, tecimos como as arañas, a través da obra da artista francesa LOUISE BOURGEOIS, conseguimos que o cole se parecese ao tear da familia de Louise.


                           

luns, 21 de outubro de 2024

AS MOCHILAS VIAXEIRAS, UN AGASALLO DE LIBRÍN

 Hoxe comezamos un novo camiño coas MOCHILAS VIAXEIRAS, un curso más contamos con este préstamo especial de Librín...


                                                



sábado, 29 de xuño de 2024

FIN DO CURSO 2023- 2024

 
Quería desexarvos unhas felices vacacións cangrexiños!  Sentín moito non poder acompañarvos na fin do terceiro trimestre pero sei que compartiremos máis momentos xuntos. Grazas por ensinarme tanto, por poñerme novos retos e por permitirme ver o mundo doutro xeito, ás veces, non resulta doado. Un novo curso nos agarda en setembro, repoñede forzas, cargádevos de enerxía e gozade do verán.



martes, 11 de xuño de 2024

CELEBRANDO OS MAIOS

  O último día do mes de maio celebramos Os Maios polas rúas de Viveiro. Na compaña dos nenos/as doutros coles da nosa localidade cantamos a xa tradicional cantiga do Maio.

MAIOS 2024



luns, 10 de xuño de 2024

ESCOITAMOS COMO LES: SUPERHÉROES EN EL COLE

 Nesta ocasión, a que nos sorprendeu con un conto foi a mamá de Izan Gómez, Sofía. Grazas por acompañarnos  e por ter compartido este tempo con nós...



venres, 7 de xuño de 2024

CELEBRANDO AS LETRAS

  Despois de ter coñecido máis polo miúdo a Luisa Villalta quixemos celebralo con música tradicional e vestindo complementos do traxe galego. Grazas a Os do 21 por acompañarnos.

LETRAS GALEGAS 2024








xoves, 6 de xuño de 2024

BICHOS

 Menuda experiencia tivemos cos bichos para finalizar o mes de maio. Foi moi especial, con certo respecto e medo por ter uns bichos tan peculiares tan de preto. Grazas Miguel Santamaría por facelo posible.


mércores, 22 de maio de 2024

NATUREZA PRÓXIMA=CROMOS

E seguimos xogando coas árbores e os diferentes tipos de folla... mirade que album máis chulos temos...






luns, 20 de maio de 2024

sábado, 18 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

 Un ano máis celebramos as Letras Galegas coñecendo a vida e obra da persoa homenaxeada. Luisa Villalta xa forma parte un pouco de nós...

LETRAS GALEGAS 2024






domingo, 12 de maio de 2024

PLANTAMOS NA HORTA

 O pasado venres visitamos a horta que está próxima ao cole e Joaquín e José Antonio, axudáronnos a plantar as nosas cabazas, os nosos chícharos, tamén, tomates e pementos. Sempre están dispostos a colaborar coa nosa escola e aceptar as proposta das nosas mestras. Aprendimos, ademáis, de onde proveñen os produtos frescos e de orixe vexetal. Sempre apostando por unha alimentación saudable...




luns, 22 de abril de 2024

IOGA(3ª sesión)

 Hugo sempre nos sorprende, o pasado mércores descubrimos a postura de diferentes animais(cobra, ra, moucho...) e novos instrumentos...