xoves, 18 de xuño de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: EL MUÑECO DE DON BEPO

 Finalizamos, por este curso, a actividade do Escoitamos como les coa compaña de Enrique, o avó de Leo. Achegounos unha historia moi bonita que xa lle lía ao seu fillo David, o papá de Leo, e de seguro que lle trouxo moitas lembranzas. Leo coa axuda dunha variña máxica moi especial, unha cenoria da horta do avó, conseguiu que todos foramos ventríluocos. Que bonitos os títeres! Grazas por ter compartido o teu tempo con nós.



Ningún comentario:

Publicar un comentario