
O pasado 9 de setembro comezamos o curso 2026-2027, moi ledos/as por reencontrarnos de novo, volver ás nosas aulas, ver as nosas mestras e coñecer ás novas incorporacións.
Comezamos dun xeito moi especial, na compaña de Lana, a pirata contacontos, que nos trouxo a primeira caixa-cofre deste curso. A través do conto O pirata despistado, e coa axuda da nosa pirata Paca, fíxonos viaxar a unha illa, vivir moitas aventuras xogando e falounos do mar, o que nós temos tan preto. Iniciamos así o Proxecto Documental Integrado UNHA CAIXA CHEA DE...AUGA?.
