xoves, 18 de xuño de 2026

UNHA FIN DE CURSO ESPECIAL

 E ao longo desta semana quixemos celebrar a fin de curso con moitas experiencias e actividades interesantes e enriquecedoras. Mira, mira...

PRAIA DE COVAS, PARQUE PERNAS PEÓN E IOGA

Grazas Hugo Eiroá por facelo posible.

PARQUE DA MISERICORDIA E XOGOS 


Tamén fixemos unha merenda conxunta e especial e despedimos aos nosos compañeiros/as de 6º que marchan para o CEP Lois Tobío. Os nosos mellores desexos para eles/as nesa nova etapa.

E así remata este curso 2025-2026, que pasou axiña, pero no que aprendimos moito xuntos. Pasiño a pasiño pero con paso firme gozando de cada momento vivido.

Grazas peques e grazas familias.

ESCOITAMOS COMO LES: EL MUÑECO DE DON BEPO

 Finalizamos, por este curso, a actividade do Escoitamos como les coa compaña de Enrique, o avó de Leo. Achegounos unha historia moi bonita que xa lle lía ao seu fillo David, o papá de Leo, e de seguro que lle trouxo moitas lembranzas. Leo coa axuda dunha variña máxica moi especial, unha cenoria da horta do avó, conseguiu que todos foramos ventríluocos. Que bonitos os títeres! Grazas por ter compartido o teu tempo con nós.



luns, 15 de xuño de 2026

UNHA PRIMAVERA CHEA DE CORES

 Canto aprendimos das estacións neste curso! Coa primavera encheuse todo de cores, de luz, de flores, de vida...


Se queredes aacompañarnos cantando...




sábado, 13 de xuño de 2026

CAMPAÑA ESCOLAR DE FOTOPROTECCIÓN

 Isdin, da man da Clínica Ártica,  nos amosou como nos debemos protexer do sol para evitar problemas de pel. Unha actividae moi importante agora que chega o verán.



O NOSO COELLIÑO BRANCO

 Este mércores por fin estreamos a nosa pequena representación do conto O coelliño branco. Durante tres semanas preparamos esta historia tan bonita e tan sinxela para representala para os nosos compañeiros/as de cole, para as nosas mestras e por suposto para as nosas familias. Sentímonos moi acollidos por todos/as e foi un día moi especial. Cada un de nós fixo a súa aportación á obra e todos formabamos parte dela, que nervios pero que a gusto nos quedamos. Con ilusión e ganas podemos chegar a onde nos propoñamos.


 

ESCOITAMOS COMO LES: COCORICO E UNHA FÁBRICA DE XOGUETES

 Esta semana acompañáronnos no Escoitamos como les,  Alejandra, a mamá de Adriana, que nos trouxo a Cocorico, un dos nosos contos favoritos e a Michel, o papá de Nico, cun conto moi especial e novo para nós, Unha fábrica de bicos. Grazas por ter compartido este momento con nós e polos agasallos tan interesantes que nos trouxéstedes. 




sábado, 6 de xuño de 2026

CONTACONTOS POLA INCLUSIÓN

 Os nosos compañeiros/as de 6º prepararon un conto cun comunicador, Oso pardo, oso pardo, que ves aquí?, porque todos/as temos dereito a expresarnos aínda que a nosa voz non nolo permita. Grazas por telo compartido con nós.






GRANDES CREADORES, PEQUENAS MANS

 O pasado mércores 3 de xuño inauguramos a exposición do noso proxecto  ART-LAB, podedes achegarvos á sala de exposicións da Biblioteca Municipal a vela ata o 10 de xuño. Mirade, mirade... está claro que estes peques son uns grandes artistas.





ESCOITAMOS COMO LES: PÁPOTE A BICOS E HISTORIA DE JUGUETES

 Esta semana tivemos dobre sesión de Escoitamos como les. O martes acompañounos María, a mamá de Mari, e sorprendeunos cun conto que non coñeciamos Pápote a bicos, unha historia moi bonita que nos fala da importancia da amizade. Grazas María por ter compartido estes momentos con nós e por eses marcapáxinas que preparástedes.

 O mércores, veu Jozbell, o papá de Dylan, a visitarnos. O conto escollido nesta ocasión foi Historia de juguetes, cada vez que xogamos é moi importante deixar cada cousa no seu lugar. Grazas por acompañarnos e polo doce agasallo.