domingo, 31 de maio de 2026

OS MAIOS

 E non podiamos rematar o mes de maio, o mes das flores, sen celebrar a festa da nosa localidade, Os Maios, a que anuncia a chegada da primavera...

 OS MAIOS 2026






ESCOITAMOS COMO LES: A CEBRA CAMILA

 O papá de Dani, Pablo, escolleu  un libro do que temos moito que aprender. Grazas por ter compartido o teu tempo con nós e por contarnos esta historia tan bonita. Dani e Pablo, tamén tiñan algo especial para todos/as. 



VISITA DAS NENAS/OS DA GARDERÍA

 O mércores recibimos aos nenos/as da gardería con moita ilusión. Cantamos, xogamos, contámoslles un conto e acompañámolos polo cole.




OBRADOIROS POR XÉNERO(3º trim.)

 E continuamos cos nosos obradoiros por xénero, nesta ocasión:

TAREFAS DO FOGAR  PARA OS NENOS




 CONTRUCIÓNS PARA AS NENAS




luns, 25 de maio de 2026

CÓNTAME UN CONTO


 Librín, a nosa mascota da Biblioteca nos agasalla con contos moi interesantes, déixaos na nosa casiña dos contos, Rocío no los le e nós nos enriquecemos con eles. Grazas por deixarnos entrar no mundo da imaxinación, no mundo das palabras, das ilustracións. 

                                                 




 Tamén nós aportamos cos nosos contos, enchemos a CAIXA MÁXICA da nosa aula con moitas historias e relatos interesantes. Lemos cada día un, o conto de quen é encargada/o ese día.

                   

IOGA NAS NOGUEIRAS(7ª sesión)

 O pasado mércores, nas Nogueiras, no noso pequeno recuncho da natureza, gozamos da nosa 7ª sesión de ioga con Hugo Eiroá.



ESCOITAMOS COMO LES: A CASA DA MOSCA CHOSCA

 Nesta ocasión acompañounos Carlota, a mamá de Hugo, cun conto con moitos personaxes. Grazas por ter compartido este tempo con nós e polo agasallo-sorpresa.



domingo, 17 de maio de 2026

LETRAS GALEGAS 2026: BEGOÑA CAAMAÑO

 E ao longo desta semana nos fomos empapando de Begoña Caamaño, da súa figura, da súa obra... Muller galega e escritora coma Rosalía. Cantamos, xogamos, escribimos, debuxamos... 

Se queres lembrala pincha no seguinte enlace:

LETRAS GALEGAS 2026



Para celebrar as Letras Galegas tivemos a oportunidade de ter con nós ao Coro do CEP Lois Tobío e á nosa gaiteira Rafaela...



MICRORREDE DA MARIÑA: DESEÑANDO A MARIÑA

   Microrrede da Mariña, é unha inicitiva, impulsada polo PLAMBE, que reúne as bibliotecas escolares da Mariña para traballar colaborativamente. 

    Baixo o título Deseñando a Mariña, a exposición colectiva convertiu o Salón Multiusos do Concello de Viveiro nun gran escaparate de talento, creatividade e identidade comarcal.

    Esta foi a nosa aportación:





OBRADOIRO CON SABELA GAGO


 Esta semana tamén compartimos momentos especias con Sabela Gago, actriz e profesora de teatro, que fixo voar a nosa imaxinación. 



ESCOITAMOS COMO LES: EL HILO INVISIBLE.

 Esta semana, Irene, a mamá de Emma Míguez, achegounos a unha bonita e máxica historia, o fío invisible que nos une a tódalas persoas que queremos. Grazas por ter compartido o teu tempo con nós e pola sorpresa que Emma e ti nos preparástedes.



venres, 8 de maio de 2026

ACHEGÁNDONOS A MARUJA MALLO

  Dentro do proxecto Donas de Si, o xoves 7 de maio, un gran contador de historias e unha fantástica ilustradora coñecimos un pouco máis á artista Maruja Mallo, nada en Viveiro e que segue a ser centro de interese no noso cole ao longo deste curso.

CARREIRA SOLIDARIA UNOENTRECIENMIL

 O pasado xoves, 30 de abril, partipamos, en colaboración coa ANPA, na carreira solidaria, LA VUELTA AL COLE, da fundación UNOENTRECIENMIL, para que os nosos pasos sumaran na loita contra a leucemia infantil e as nosas aportacións económicas se transformen en investigación e novos tratamentos.



A GRAN CUBRICIÓN(Planea)

 E aínda que os peques de 4º e 5º non formabamos parte do programa PLANEA quixemos experimentar xunto cos nosos compis de 6º da experiencia da gran cubrición, a partir da lectura dun poema debuxamos unha parte do xigante rolo de papel que logo cubriría parte do noso patio. Unha experiencia bonita, colaborativa e moi enriquecedora. Familias agardamos que vos gustara o resultado...











        
    Mirade que nos deixa por aquí a nosa teacher Mariana. Grazas por este agasallo!



ESCOITAMOS COMO LES: A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

 Nesta ocasión adicounos un anaco do seu tempo Iago, o papá de Valeria. O libro escollido foi a historia da toupiña que anda na procura de quen lle puido deixar aquela caca na cabeza, un conto divertido e coñecido. Ademáis, non só poidemos gozar da narración senón que ao final da sesión de lectura Valeria e Iago nos tiñan preparado un bonito agasallo. Grazas por acompañarnos.