domingo, 26 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO(23 abril)

 Para celebrar o Día do libro, tódolos nenos/as do cole imaxinamos e ilustramos o poema, agasallo que Eva Mejuto fixo ás Bibliotecas Escolares.



 Tamén nos agasallaron cun contacontos unha traballadora e dúas usuarias do Centro de Día de Alzheimer da AFA(Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias).



A CASA DAS LETRAS

 O pasado mércores, tivemos unha vez máis a Electra no cole co conto e o obradoiro A casa das letras...



ESCOITAMOS COMO LES: A QUE SABE A LÚA? + EL PEZ ARCOÍRIS

     Esta semana tivemos doble sesión do Escoitamos como les.

    A mamá de Nina, Saray, contounos o conto A que sabe a lúa?, que nos fala da importancia da unión e axuda aos demáis.

 E Bruno, o papá de José, un conto moi interesante que nos fala de compartir e da amizade, El pez Arcoíris.

                                        

Grazas aos dous por ter compartido un anaco do voso tempo con nós e por traernos unha sorpresa.

COMPOSTAXE(UDC)

 O pasado luns, tivemos a nosa primeira experiencia práctica do COMPOSTAXE. Para que serve, como se fai e os bichos que axudan no proceso de elaboración. Grazas a Vero, membro da Universidade da Coruña, achegámonos a unha nova experiencia.





domingo, 19 de abril de 2026

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA

O pasado venres tivemos unha xornada de xogos tradicionais coa asociación XOTRAMU de Muimenta. Que ben o pasamos xogando coas mamás, cos papás, coas avoas... coas nosas profes! Unha xornada enriquecedora e de aprendizaxe!




COLLAGE CON CARLOS GALLEGO

 Esta semana tivemos un obradoiro de collage con Carlos Gallego, con este debuxante galego iniciámonos nesta técnica artística que consiste en unir ou superpoñer materiais sobre unha superficie formando unha composición.



ESCOITAMOS COMO LES: O COELLIÑO BRANCO

 O martes pasado acompañounos a mamá de Noa, leunos o conto O coelliño branco, un dos nosos favoritos. Grazas Alicia por compartir o teu tempo con nós e polo agasallo que ti e Noa nos preparástedes, menuda sorpresa!.



domingo, 12 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO INFANTIL: THE GRUFFALO

 


 O pasado 2 de abril foi tamén o DÍA DO LIBRO INFANTIL, e para celebralo a teacher Mariana preparou un conto moi interesante The Gruffalo, coa colaboración da profe Tania


IOGA NAS NOGUEIRAS(6ª sesión)

 O pasado mércores en plena natureza, nas  Nogueiras, co son de fondo dos paxaros e da auga do regato gozamos da nosa 6ª sesión de ioga deste curso. 





luns, 6 de abril de 2026

DÍA DO AUTISMO(2 abril)

 Para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, achegámonos ao transtorno do aspectro autista(TEA) a través de dúas curtas moi interesantes e coñecendo o símbolo infinito coas cores do arco da vella, que representa a diversidade que existe no autismo. Visibilización e inclusión dentro do noso proxecto PIE.




OS OVOS DE PASCUA

 Coa teacher Mariana preparamos os nosos ovos de Pascua e antes de marchar de vacacións de Semana Santa tivemos que buscalos pola aula. Levamos de agasallo para casa o ovo que atopamos, non o noso, o feito por outro compañeiro/a do cole...





OBRADOIROS POR XÉNERO(2º trim.)

Nun dos últimos días do trimestre tivemos a nosa segunda experiencia para eliminar os clichés sociais. Estamos realizando en cada trimestre actividades asociadas tradicionalmente ao xénero oposto co fin de aprender por separado e compensar as debilidades de cada xénero.

ACTIVIDADE E MOVEMENTO CON CABALOS PARA AS NENAS

SESIÓN DE RELAXACIÓN PARA OS NENOS





domingo, 5 de abril de 2026

ESCOITAMOS COMO LES: MI PRIMER SISTEMA SOLAR

 Unai e a súa mamá, Raquel, escolleron un libro para entrar en contacto co Sistema Solar, os planetas, o sol, as estrelas..., MI PRIMER SISTEMA SOLAR. Grazas Raquel por acompañarnos, polo agasallo e por adicarnos un anaco do teu tempo.



sábado, 4 de abril de 2026

DÍA DAS TORTILLAS


Seguindo as tradicións da nosa vila, o martes 24,  subimos ás Nogueiras e celebrar o día das tortillas. Foi un día especial, en contacto coa natureza, xogando, compartindo experiencias e degustando unha boa tortilla feita na casa. Repetiremos seguro...