venres, 29 de abril de 2022

LECTURAS NA PRAZA

 Reunímonos na praza cos nosos compañeiros e compañeiras de 1º A e 1º B do CEP Lois Tobío. Lendas, contos, cancións... Contamos a lenda A cova de Roque, a cova do Santo e os os nosos compis de 6ºA a lenda do Pozo de Piago... Momentos para repetir...









xoves, 28 de abril de 2022

IOGA(2ª sesión)

 Este martes un novo encontro co Ioga, nesta ocasión a actividade foi presencial, como gozaron por segunda vez desta experiencia, grazas Natalia por ter compartido este tempo con nós...





                 




martes, 26 de abril de 2022

venres, 22 de abril de 2022

ARTE NO CEMIMA

 Como gozamos desta visita ao CENIMA, na 7ª edición  da SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS,  das obras de arte de Quique Guerra, pintura e escultura, e doutros  artistas da Mariña e, como non, de Viveiro...







martes, 19 de abril de 2022

VIVIMOS EN VIVEIRO. AS NOSAS CARTAS

 Despedimos o segundo trimestre situando as nosas casas no plano de Viveiro, coa axuda das familias trouxemos ao cole as nosas direccións... Primeiro partimos do máis próximo para logo ir cara ao máis alonxado... Desde o noso fogar ata chegar  ao planeta onde vivimos... A NOSA VILA NO MUNDO da título á nosa seguinte experiencia dentro do proxecto anual VIVARIUM e ao noso Plan Proxecta PAISAXE EN PALABRAS.

                


 Aproveitamos as direccións para escribir cada nena/o unha carta, unha carta moi especial que nestes días da Semana Santa chegaría xa ao seu destino. Así o vivimos:



xoves, 7 de abril de 2022

RECUNCHOS DE APRENDIZAXE NO 2º TRIMESTRE

  E cada día nos enriquecemos un pouco máis  nestes espazos, nos recunchos, creados para o xogo libre e o xogo dirixido... Onde aprendemos, experimentamos, calculamos, pintamos, debuxamos...





MÁIS MASCOTAS NA CASA

 Visitade a nosa protectora virtual Patas Peludas, Alesia e Noa convídannos a coñecer a uns peixiños de cores e a unha preciosa gata... Premede  para descubrir estas mascotas...



mércores, 6 de abril de 2022

OS BICHOS DA HORTA: AS ABELLAS.

 Despois de coñecer as características dos insectos, adentrámonos no mundo das abellas... 











 E un día observamos na repisa da ventá, mestres faciamos a asemblea, como unha araña cazaba a unha abella...




 A verdade é que nos encantan os bichos, no patio e no xardín descubrimos moitos insectos, arácnidos...

 
 E para escoitar, esta canción do músico e mestre Iván Vale Fraga...

luns, 4 de abril de 2022

APRENDEMOS SOBRE VIVEIRO NOS RECUNCHOS

 E seguimos coñecendo de preto a nosa vila o seu patrimonio e o noso entorno próximo, ao longo deste segundo trimestre, nos recunchos...



domingo, 3 de abril de 2022

LIBRO INFANTIL E AUTISMO

 O  2 de abril conmemoróuse o Día do libro infantil e o Día mundial da concienciación sobre o autismo. Premede nos seguintes enlaces, de seguro que vos resultan interesantes... 

AS HISTORIAS SON ÁS(Biblioteca)

SUCEDEN COSAS ASOMBROSAS

EL VIAJE DE MARÍA

 Estamos elaborando uns marcapáxinas super chulis para lembrar estas dúas conmemoracións...