martes, 19 de abril de 2022

VIVIMOS EN VIVEIRO. AS NOSAS CARTAS

 Despedimos o segundo trimestre situando as nosas casas no plano de Viveiro, coa axuda das familias trouxemos ao cole as nosas direccións... Primeiro partimos do máis próximo para logo ir cara ao máis alonxado... Desde o noso fogar ata chegar  ao planeta onde vivimos... A NOSA VILA NO MUNDO da título á nosa seguinte experiencia dentro do proxecto anual VIVARIUM e ao noso Plan Proxecta PAISAXE EN PALABRAS.

                


 Aproveitamos as direccións para escribir cada nena/o unha carta, unha carta moi especial que nestes días da Semana Santa chegaría xa ao seu destino. Así o vivimos:



Ningún comentario:

Publicar un comentario