xoves, 31 de marzo de 2022

LAS CAJAS DE BERTA

 



 E continuamos traballando coas emocións... Un conto que nos fala de Berta unha nena perfecta que esconde sempre as súas emocións en caixas...










IOGA E CONSUMO

 Esta semana tivemos unha charla sobre consumo e a nosa primeira sesión de ioga...

CONSUMO


IOGA

 Como gozamos e nos relaxamos... Están desexando volver a repetir...








mércores, 30 de marzo de 2022

PASEANDO POLA HISTORIA

E dando un paseo pola historia rematamos  a primeira parte do noso proxecto anual Vivarium, a historia da nosa vila. Comezaremos agora coa segunda parte, a nosa vila no mundo.


E xogando aprendemos:




Gabriela, tróuxonos ao cole este óso da Prehistoria tan chulo que fixo coa axuda de mamá...






 

MOSAICOS

 Os romanos construíron acuedutos, teatros, anfiteatros, calzadas... e tamén mosaicos. Estes son os nosos ...








domingo, 27 de marzo de 2022

ARTISTAS CON CABALETE NO PATIO

 


 Unha vez máis artistas, nesta ocasión as nosas mascotas con cabalete e pintando no patio ao aire libre. Quixemos comezar así a primavera...

venres, 25 de marzo de 2022

UNHA SEMANA DE CONMEMORACIÓNS: SÍNDROME DE DOWN, POESÍA , ÁRBORE E AUGA.

Esta semana moitas datas sinaladas:

 DÍA DA SÍNDROME DE DOWN

(21 marzo)

 Coñecimos a Valentina, canta tenrura transmite, no teatro Pastor Díaz,  unha nena con Síndrome de Down e tamén a algúns amigos/as de Aspanane coa mesma síndrome(Miguel, Luis, Badir, Sara C., David, Sara B. ...). Lembramos o vídeo explicativo coas características das persoas que nacen con esta Síndrome(un cromosoma máis, ollos rasgados...) e de ler o conto de Xela...

SÍNDROME DE DOWN

XELA CELEBRA O SEU ANIVERSARIO

 Debuxamos unha máscara de Valentina para sentirnos un pouco coma ela... 









Outra historia interesante...


 DÍA DA POESÍA

(21 marzo)

Introducimos o tema lendo e escoitando os poemas de Antón Cortizas, mestre e escritor, que o pasado mércores visitou o noso cole. Facendo rimas e escribindo o noso propio poema...







 DÍA DA ÁRBORE

(21 marzo)

Os nenos e nenas de 6º plantamos unhas nogueiras nunha zona verde da nosa vila, o parque Pernas Peón. Unha árbore autóctona, unha árbore que aportará osíxeno ao noso medio, que dará o seu froito e que veremos crecer.




DÍA DA AUGA

(22 marzo)

Percorremos o casco histórico e zonas moi próximas ao mesmo para descubrir diferentes lugares que nos proporcionan auga. As fontes, os lavadoiros, os pozos, nos proporcionan auga para o noso día a día. No pasado e tamén no presente ...






mércores, 23 de marzo de 2022

A COVA DE ROQUE, A COVA DO SANTO

 Para conmemorar o Día Internacional da Narración Oral, o 20 de marzo, recuperamos esta bonita lenda da nosa vila...


   Animádevos a descubrir este recuncho no Monte San Roque, merece a pena...











martes, 22 de marzo de 2022

DEBUXANDO A NOSA HISTORIA


 Continuamos co noso proxecto Vivarium e Paisaxes en palabras, nesta ocasión quixemos debuxar e decorar os monumentos da nosa vila... Menudas obras de arte...
             

               




                  





domingo, 20 de marzo de 2022

O INVERNO... VIVALDI E OUTRAS CREACIÓNS

 Esta estación deu para moito... Frío, xeadas, chuvia, vento... O inverno de Vivaldi e outras moitas actividades que realizamos nos recunchos... Crecemos creando.






OUTRAS CREACIÓNS: