Esta semana moitas datas sinaladas:
DÍA DA SÍNDROME DE DOWN
(21 marzo)
Coñecimos a Valentina, canta tenrura transmite, no teatro Pastor Díaz, unha nena con Síndrome de Down e tamén a algúns amigos/as de Aspanane coa mesma síndrome(Miguel, Luis, Badir, Sara C., David, Sara B. ...). Lembramos o vídeo explicativo coas características das persoas que nacen con esta Síndrome(un cromosoma máis, ollos rasgados...) e de ler o conto de Xela...
XELA CELEBRA O SEU ANIVERSARIO
Debuxamos unha máscara de Valentina para sentirnos un pouco coma ela...
DÍA DA POESÍA
(21 marzo)
Introducimos o tema lendo e escoitando os poemas de Antón Cortizas, mestre e escritor, que o pasado mércores visitou o noso cole. Facendo rimas e escribindo o noso propio poema...
DÍA DA ÁRBORE
(21 marzo)
Os nenos e nenas de 6º plantamos unhas nogueiras nunha zona verde da nosa vila, o parque Pernas Peón. Unha árbore autóctona, unha árbore que aportará osíxeno ao noso medio, que dará o seu froito e que veremos crecer.
DÍA DA AUGA
(22 marzo)
Percorremos o casco histórico e zonas moi próximas ao mesmo para descubrir diferentes lugares que nos proporcionan auga. As fontes, os lavadoiros, os pozos, nos proporcionan auga para o noso día a día. No pasado e tamén no presente ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario