sábado, 24 de decembro de 2022

POR UN NADAL DE LUZ E PAZ PARA TODOS E TODAS

 



 Os nosos mellores desexos para este Nadal. Como gozamos no cole desta festividade... Pincha no seguinte enlace e poderás comprobalo...

QUE VEÑA O NADAL


luns, 19 de decembro de 2022

DESCUBRIMOS O OUTONO


 E así foi como ao longo do primeiro trimestre fomos descubrindo o outono. A estación das cores cálidas vermella, amarela, laranxa e marrón. Froitos, follas e moito máis...







domingo, 18 de decembro de 2022

O LIXO NAS NOSAS MERENDAS

 

                                                   

Esta semana quixemos comprobar o lixo que xeramos cando merendamos. As nosas merendas son:

LUNS, MÉRCORES E VENRES: FROITA 

MARTES E XOVES: BOCATA

Clasificamos os residuos segundo foran materia orgánica(verde) ou envases, plásticos...(amarelo).





A verdade que resultou enriquecedor para os nenos/as e descubrimos que coas cantimploras, as fiambreiras e os manteis de tea reducimos moito lixo no cole.

REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR


domingo, 11 de decembro de 2022

PREPARÁNDONOS PARA O NADAL

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES


RECOMENDACIÓN DE XOGUETES

 No seguinte enlace atoparedes as cancións que estamos aprendendo estes días e algún xogo interactivo para que tamén podades desfrutar na casa.

QUE VEÑA O NADAL

xoves, 1 de decembro de 2022

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL(3 de decembro)

 Polo benestar e os dereitos das persoas con diversidade funcional no cole e noutros ámbitos da sociedade. Existen persoas con capacidades diferentes entre si, incluso grandes variacións destas nun mesmo individuo ao longo da súa vida. Na sociedade existe diversidade funcional do mesmo xeito que se observan diversidades cultural, sexual e xeracional. Algunhas curtas para conmemorar este día: 

CONOCIENDO EL MUNDO CON OTRO SENTIDO

PIP

TAMARA

EL REGALO

 E así foi como nos achegamos á diversidade funcional:



luns, 28 de novembro de 2022

25 N: AVOAS



 Neste 25 de novembro, non á violencia, pasado, presente e futuro coas nosas avoas... Grazas por colaborador. Foi un día moi especial para os nenos/as e para as avoas.



domingo, 27 de novembro de 2022

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO


 Nestes días e partindo da festa do Magosto nos convertimos en pequenos científicos... Óptica, magnetismo e electricidade estática.





luns, 21 de novembro de 2022

venres, 18 de novembro de 2022

luns, 14 de novembro de 2022

IOGA(2ª sesión)

 


 E así de ben o pasamos descubrindo a importancia dos sons e as vibracións no ioga. Grazas a Hugo por acompañar a Natalia na nosa segunda sesión de ioga.



sábado, 29 de outubro de 2022

UN SAMAÍN CHEO DE MONSTROS

 


 Como gozamos co medo e cos monstros nestes días...  Mirade, mirade...

MONSTROS POLO SAMAÍN

 Grazas familias pola vosa colaboración e por eses super monstros que fixéstedes na casa...

martes, 25 de outubro de 2022

MARCAPÁXINAS DE LIBRÍN


 Para o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES(24 de outubro) elaboramos un moucho-marcapáxinas, un Librín, a mascota da nosa biblioteca. Como sabemos que o noso mouchiño anda triste, pola remodelación e reorganización da Biblioteca, estivemos visitándoo no día do seu aniversario e algún día máis. Que ledo se pon cada vez que nos ve entrar pola porta da biblio! 
















venres, 21 de outubro de 2022

O NOSO PRIMEIRO CONTACTO CO IOGA




 Semilla soy, como una flor y volveré a renacer... así comezou a nosa primeira clase de ioga, partimos dunha semente, saudamos ao sol e pasamos a ser diferentes animais(can, serpe, tartaruga, gato...). Grazas Natalia, quedámonos con gañas de repetir.

xoves, 13 de outubro de 2022

A PITIÑA CARLOTA



 

 Coñecimos a esta pitiña nada máis chegar ao cole e con Carlota descubrimos cada día na asemblea en que día da semana nos atopamos... Así cada nen@ foi elaborando o seu propio conto...

  Aprendemos tamén os días da semana a través das cancións que nos ensina a nosa profe Rocío... Mirade esta no apartado AS NOSAS CANCIÓNS do mestre de música do CEP Lois Tobío, Iván Vale, ou clicando no título: 

OS DÍAS DA SEMANA 

luns, 3 de outubro de 2022

AS RUTINAS DO COLE

    E despois do Período de Adaptación comezamos a aprender as rutinas do cole. Aos nenos e nenas, as rutinas diarias, axúdanlles a anticipar acontecementos, coñecer o entorno que lles rodea, superar medos e temores ao descoñecido, ter seguridade e confianza en si mesmo, favorecer o desenvolvemento da autonomía persoal e coñecer as estruturas temporais e nocións secuenciais.

  ENTRAMOS NO COLE, POÑEMOS O MANDILÓN, CANTAMOS AS CANCIÓNS DE BENVIDA, COLLEMOS A FOTO E O NOME NA CASIÑA, COLOCÁMOLOS NO COLE, ASEMBLEA(pasamos lista, contamos o conto da Pitiña Carlota, cancións de corro, cancións das mascotas na PDI...), HORA DE LER, XOGO LIBRE OU DIRIXIDO POR EQUIPOS, IMOS AO BAÑO, MERENDA, SAÍMOS AO PATIO(xogo libre ou dirixido), XOGO LIBRE NOS RECUNCHOS, TRABALLO  DE MESA(en pequeno grupo), LEMOS UN CONTO, MODELAMOS CON PLASTILINA, BAILAMOS, QUITAMOS O MANDILÓN E SAÍMOS.



luns, 19 de setembro de 2022

UN NOVO CURSO E UNHA NOVA ETAPA

 Comeza un novo curso e nesta ocasión, tamén,  unha nova  etapa...

Paso a passinho a passar

un pé trás outro sentindo, 

braÇos abertos e abraÇos

que o camiño é o agarimo.

Os primeiros passos. Antón Cortizas

 Así foron os primeiros pasos no cole de Sira, Anaïs, Marcos, Idaira, Gaelia, Izan Sancosmed, Izan Gómez, Liam, Kylian, Prince, Laia, Layla, Amalia, Rosiniel, Liz, Jayden, Noa e Bruno.



xoves, 23 de xuño de 2022

ATA SEMPRE SUPERPLUMITAS

 Onte aínda que foi un día cheo de festa e alegría tamén foi un día triste pola despedida. Quero pensar que será un ATA SEMPRE, os meus nenos/as,  os meus SUPERPLUMITAS,  un grande equipo, estou segura, pola complicidade, o respecto que nos tivemos e tódolas vivencias que compartimos nestes 3 anos(2019-2022) e que xamáis esqueceremos. 

 Grazas Marina, Carmen R., Azahara, Celia, Carmen S., Santino, Julia, Hugo, Irene, Gabriela, Mathias, Noa, Dylan, Luna, Crismeiry, Ángela, Martina, Mario, Alesia, Gabriel, Mateo, Miguel Ángel e Sofia.


 Grazas por ensinarme tanto neste tempo e por compartir comigo os vosos soños e ilusións e por tantas, tantas... gañas de aprender. Foi bonito crecer ao voso carón, porque vós crecístedes e eu tamén un pouquiño máis. Sempre vos levarei no meu corazón. Os meus mellores desexos para esa nova singladura que comezaredes en setembro e na que xa non poderei viaxar con vós.

         

 Grazas mamis e papis, por estar aí sempre, sen o voso respaldo o noso traballo non sería posible. 

 Chus e Pablo e tódalas mestras da EEI San Roque queren desexarvos un bo verán e moita, moitísima sorte na vosa nova etapa.


mércores, 22 de xuño de 2022

RECOMENDACIÓNS PARA ESTE VERÁN

 Déixovos aquí diferentes enlaces de interese...

CONTOS EN PALABRAS

LECTURAS PARA VIVIR E COMPARTIR

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERDECONTOS

 E un conto de Lara, a nosa mestra en prácticas, que sempre se lembra de vós e que vos quere desexar o mellor na vosa nova etapa.



FESTA RACHADA NA FIN DE CURSO

 Como desfrutamos nestes días de finais de curso... Música, maxia, baile, xogos, obradoiros, merendas especiais, festa Holi... Unha fin de curso por todo o alto...

a)XOGOS: paracaídas, sombreiros, superheroes e superheroínas, conxelado, ratón que te pilla el gato e aros musicais.






b) MAXIA E DIVERSIÓN, no parque da Misericordia.




c) OBRADOIROS: maquillaxe, chapas, globofexia e tatuaxes.





d) FESTA HOLI, no cole.