mércores, 31 de maio de 2023

BOOK-FACE+RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 

Aquí vos deixo algunhas recomendacións lectoras coa proposta da Biblioteca do BOOK-FACE... Moitísimas grazas aos que participástedes, que bonitas quedaron as vosas montaxes...

MAIO, MAIO...


 E celebramos Os Maios...  Mira, mira...

OS MAIOS 2023





luns, 22 de maio de 2023

COÑECIMOS AOS ESCORNABOTS

 No espazo creativo da Biblioteca de Librín coñecimos aos Escornabots da man da nosa mestra Rocío e tamén a través dun obradoiro de arte cos Escornabots...



domingo, 21 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 Nestes dúas últimas semanas e para conmemorar as Letras Galegas, achegámonos á vida e obra de Francisco Fernández del Riego, aos xoguetes esquecidos, aos xogos dos nosos avós e avoas, ao traxe galego e a nosa música tradicional.

 Se pinchades no seguinte enlace poderedes comprobalo ou a través do seguinte vídeo...

LETRAS GALEGAS 2023

 Queremos dar as grazas aos avós e avoas que nos acompañaron para achegarnos os xogos da súa infancia e tamén aos que non puideron vir por cuestións de saúde no último momento.

ALFONSO E ROSA



LALO

          

JESU E MARI


            

Montse, Celia e José sentimos moito que non puiderades finalmente acompañarnos.

 Aos que compartístedes con nós a festa das Letras, tamén moitas grazas...

martes, 16 de maio de 2023

MICRORREDE

 E un ano máis participamos na Microrrede da Mariña... Unha semana de obras de arte de diferentes coles e institutos da Mariña e de actividades... Agardamos que vos gustara o noso cadro conxunto cole-familia...

ESCRIBIRARTE NA MARIÑA





luns, 15 de maio de 2023

luns, 8 de maio de 2023

APRENDENDO A COIDAR OS NOSOS DENTES

O pasado venres recibimos a visita de Estefanía, unha odontóloga que nos falou de como coidar os nosos dentes, alimentándonos de forma saudable e limpeza dos mesmos...

         


                   



sábado, 6 de maio de 2023

OBRADOIRO DE ARTE

E tódalas semanas temos novas e interesantes sorpresas na nosa Biblioteca Creativa. Nesta ocasión un obradoiro de arte impartido por Adriana Pardo... Pintura, mesturas, emocións, arte...



venres, 5 de maio de 2023

SEMENTAMOS FABAS

            

                

Despois de sementar , coidar e ver crecer ás nosas leitugas... Introducímonos no tema dos alimentos sementando fabas...

 Os nosos compañeiros/as de 5º foron os encargados de plantar na horta próxima ao cole o plantel que tiñamos no invernadoiro... As nosas leitugas e tamén  chícharos, remolachas e cenorias... Mirade, mirade...

RECICLAMOS E REUTILIZAMOS(2R)

 

 Polo coidado do medio ambiente, RECICLAMOS REUTILIZAMOS... Paso a pasiño faise o camiño... Aprendemos a clasificar o lixo nos diferentes contedores(verde, amarelo e azul) e a darlles unha nova  vida a moitísimos materiais... 



luns, 1 de maio de 2023

DESCUBRIMOS O CORPO E MOITO MÁIS

 E paso a paso imos crecendo e aprendendo moitísimas cousas sobre o cole, a familia, as mascotas e tamén do corpo. Mirade, mirade...