Amosando publicacións coa etiqueta ANPA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANPA. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de maio de 2026

CARREIRA SOLIDARIA UNOENTRECIENMIL

 O pasado xoves, 30 de abril, partipamos, en colaboración coa ANPA, na carreira solidaria, LA VUELTA AL COLE, da fundación UNOENTRECIENMIL, para que os nosos pasos sumaran na loita contra a leucemia infantil e as nosas aportacións económicas se transformen en investigación e novos tratamentos.



martes, 7 de outubro de 2025

MURAL CON DAVID CATÁ

    O pasado curso comezamos co artista viveirense David Catá, antigo alumno do noso cole, o noso mural ecolóxico reciclando tapóns dentro do noso proxecto Sosti-lab. Este ano estivemos rematándoo coa axuda dos voluntarios de ALCOA, coa colaboración da ANPA e como non, dos nenos/as do cole que tamén son uns artistas.

1º Aos máis peques tocounos descubrir o mural do cole, o que os compañeiros/as fixeron o pasado curso.


2º Aprender a facer as flores no espazo creativo cos tapóns que trouxemos da casa.



3º Para finalmente acompañar a David no proceso de elaboración do mural e onde deixamos pegada coas nosas flores.

Mirade que preciosidade!


Tamén aproveitamos e aproveitaremos os tapóns para crear, xogar, construir... a verdade que é un material de refugallo imprescindible nesta etapa.