sábado, 27 de marzo de 2021

ALIMENTÁMONOS... SEGUIMOS APRENDENDO...

 Continuamos co noso proxecto Alimentámonos, nesta ocasión identificamos as seccións do super, a lista da compra, o ticket de compra, de produto fresco a produto elaborado, fixemos as moedas, puxemos prezo ás froitas, montamos a froitaría e a pirámide dos alimentos...








 Nos recunchos da aula: xogamos coa Froitaría Plumitas; completamos a pirámide dos alimentos; contamos con legumes e pasta as froitas; xogo de búsqueda coas seccións do super;  xogo de emparellar alimentos...


 Agradecemos ás familias a súa participación nas propostas MERENDAS SAUDABLES e VISITA AO SUPER, PRAZA DE ABASTOS, MERCADO E ESTABLECEMENTOS DE ALIMENTACIÓN DE VIVEIRO. Seguiremos traballando con este material e elaboraremos actividades co mesmo.

xoves, 25 de marzo de 2021

ÉRASE UNHA VEZ...

 Como gozamos cos contos, Librín déixanos moitos contos na casiña dos contos que temos na nosa aula, Rocío nolos conta e nós gozamos con eles. Nestes días, a historia dun paxaro que ninguén quería, Corvo e Leopoldo, o pequeno monstro, contado polos nenos/as de 4º do CEIP Plurilingüe de Covas, un conto que tamén nos fala da autoestima. 



 Completamos estas historias coa curta Paxariños que podedes ver no apartado das curtas.


mércores, 24 de marzo de 2021

MONDRIAN

 Neste trimestre, coñecimos a Piet Mondrian, pintor holandés que utilizaba as cores pimarias(amarela, vermella e azul), liñas e formas xeométricas... Esta foi a nosa composición...


luns, 22 de marzo de 2021

21 DE MARZO: PRIMAVERA, ÁRBORE , POESÍA, TÍTERES...

 A verdade que este ano descubrimos que o 21 de marzo e un día moi, moi sinalado...  Conmemórase o  Día Mundial da Síndrome de Down, como xa vos contamos e como tamén todos e todas sabedes chega a primavera pero tamén é o...

DÍA DA POESÍA

 Escollimos para celebrar este día o poema de Manuel María O arco da vella do seu libro Os soños na gaiola. Ao longo desta semana leremos a diario un poema desa obra que neste curso viaxa á casa dos nenos/as na mochila viaxeira.

                                      



As familias tamén colaborástedes cos vosos poemas mirade: POET-(A)NDO(Biblioteca). Grazas pola vosa participación.

DÍA DA ÁRBORE

 Transplantamos os nosos castiñeiros que crecen e crecen cada día máis. Para plantar a semente reutilizáramos vasos de iogur e nesta ocasión reutilizamos botellas grandes de plástico(VOZ NATURA).

 Tamén quixemos conmemorar o Día da auga(22 de marzo) non só regando os nosos castiñeiros despois de transplantalos senón tamén recollendo auga da chuvia no xardín do cole. De momento estes días non obtivemos resultados, choveu moi pouco en Viveiro... Esperamos poder usala en vindeiras ocasións para regar as nosas árbores.




DÍA DOS TÍTERES

 Dentro do proxecto Viaxe ao reino das emocións da Fundación Meniños, elaboramos uns títeres coas personaxes do conto, os favoritos dos nenos/as foron: Draco, Andreia, Iris, Quirón...

                                        



SÍNDROME DE DOWN

 Onte 21 de marzo conmemorouse o Día Mundial da Síndrome de Down, este ano no cole quixemos coñecer  esta discapacidade intelectual para aprender a valorar ás persoas que teñen esta síndrome. Pintamos calcetíns diferentes e colgámolos nas fiestras para facer visible esta celebración.











xoves, 18 de marzo de 2021

mércores, 17 de marzo de 2021

VISITA VIRTUAL AO MUNCYT

 Visitamos o MUNCYT(Museo Nacional de Ciencia y Tecnología), aínda que nesta ocasión a visita foi virtual de seguro que algún día se ides á Coruña poderedes visitalo en familia, merece a pena. Coches antigos, televisións, radios... un avión, a primeira lavadora, ... a Torre de Hércules.


 Os nenos/as debuxaron o que máis lle chamou a atención do museo...






martes, 16 de marzo de 2021

GADOUPAS BUSCA UN FOGAR PARA...

 Coa nosa protectora virtual PATAS PELUDAS pretendemos dar a coñecer o mundo das mascotas e axudar a outras protectoras a buscarlles fogar a moitos animais que se sinten sós. Aprendimos a través de GADOUPAS en que consiste unha protectora, quen forma parte dela e pensamos en que nós tamén lle queremos dar fogar a estas mascotas que necesitan que alguén as acolla na súa familia ou que as adopten. Aquí vos amosamos o traballo realizado para que Sky, Scar, Néboa, Oreo e Braco sexan felices cunha familia...






luns, 15 de marzo de 2021

CÓNTAME UN CONTO...

Gústanos moito que nos lean pero sobre todo que nos conten... No cole os contos son o principal núcleo motivador dentro dunha aula. Queremos animar desde aquí a tódalas familias que nos manden ao cole vídeos contando un conto, aos nenos/as gústalles escoitar aos papás, mamás, tamén a si mesmos/as ... Déixovos unha pequena mostra duns contos contados en familia, unha nai e unha nena de 6º así nolo contan...



venres, 12 de marzo de 2021

ADENTRÉMONOS NO MUNDO DOS ALIMENTOS: MENÚS, RETRATOS CON FROITAS E HORTALIZAS E SECCIÓNS DO SUPER

 Seguimos investigando sobre os alimentos, orixe dos mesmos, as seccións do super(panadería, chacinería, peixería, carnicería...), os folletos do supermercado. Elaboramos menús, retratamos ao estilo de Arcimboldo e xogamos no recuncho co ordenador ao xogos de Alimentes Dixital(GADIS).



               
                    



Vertumno(Arcimboldo)




 Aquí tedes outros xogos para reforzar os contidos traballados, lembrade que  os podedes atopar tamén no listado Os nosos xogos:



xoves, 11 de marzo de 2021

COMO CRECEN OS CASTIÑEIROS

 Mirade, mirade... como están crecendo os nosos castiñeiros.



 Xogade agora a PLANTAMOS CASTAÑAS, lembrade que este xogo o tedes na marxe dereita do blog, no apartado Os nosos xogos.

martes, 9 de marzo de 2021

MULLER NO MAR

 Así comeza a canción que a profe Rocío escribiu e que compuxo coa súa familia,  MULLER . Un texto bonito adicado a tódalas mulleres, sen esquecer a ningunha... Conmemoramos cantando o 8 de marzo, o Día Internacional da muller(BIBLIOTECA), debuxando á muller da nosa vida; participando nun experimento social proposto a nivel de centro que leva por título TEITO DE CRISTAL e escoitando o conto que Librín nos propuxo para este día nunha nova CITA A CEGAS e ao que tivemos que poñer un título.