luns, 1 de marzo de 2021

ALIMENTÁMONOS

 Despois de traballar o proxecto Descubro o meu corpo  no primeiro trimestre, comezamos un novo proxecto neste segundo Alimentámonos. O noso punto de partida foi facernos a pregunta De que nos alimentamos?, a partir de aí xurdiron moitas ideas... Descubrimos a pirámide dos alimentos, por un momento pensamos que era un frigorífico onde estaban colocados os alimentos e que estaban colocados en en cada lugar porque era onde cabian os alimentos, os máis grandes abaixo e os máis pequenos arriba... Coa axuda de papá e mamá e de nosos irmáns maiores fomos descubrindo que a pirámide serve para saber que alimentos debemos comer e cales son máis saudables. Cantamos a canción A horta de Balbina; falamos do que comemos na casa; froitas, hortalizas e verduras; alimentos que nos aportan hidratos de carbono e proteínas; útiles que precisamos para comer...










                 

Ningún comentario:

Publicar un comentario