A verdade que este ano descubrimos que o 21 de marzo e un día moi, moi sinalado... Conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Down, como xa vos contamos e como tamén todos e todas sabedes chega a primavera pero tamén é o...
DÍA DA POESÍA
Escollimos para celebrar este día o poema de Manuel María O arco da vella do seu libro Os soños na gaiola. Ao longo desta semana leremos a diario un poema desa obra que neste curso viaxa á casa dos nenos/as na mochila viaxeira.
DÍA DA ÁRBORE
Transplantamos os nosos castiñeiros que crecen e crecen cada día máis. Para plantar a semente reutilizáramos vasos de iogur e nesta ocasión reutilizamos botellas grandes de plástico(VOZ NATURA).
Tamén quixemos conmemorar o Día da auga(22 de marzo) non só regando os nosos castiñeiros despois de transplantalos senón tamén recollendo auga da chuvia no xardín do cole. De momento estes días non obtivemos resultados, choveu moi pouco en Viveiro... Esperamos poder usala en vindeiras ocasións para regar as nosas árbores.
DÍA DOS TÍTERES
Dentro do proxecto Viaxe ao reino das emocións da Fundación Meniños, elaboramos uns títeres coas personaxes do conto, os favoritos dos nenos/as foron: Draco, Andreia, Iris, Quirón...
Ningún comentario:
Publicar un comentario