Esta semana acompañáronnos no Escoitamos como les, Alejandra, a mamá de Adriana, que nos trouxo a Cocorico, un dos nosos contos favoritos e a Michel, o papá de Nico, cun conto moi especial e novo para nós, Unha fábrica de bicos. Grazas por ter compartido este momento con nós e polos agasallos tan interesantes que nos trouxéstedes.
Páxinas
Etiquetas
sábado, 13 de xuño de 2026
sábado, 6 de xuño de 2026
ESCOITAMOS COMO LES: PÁPOTE A BICOS E HISTORIA DE JUGUETES
Esta semana tivemos dobre sesión de Escoitamos como les. O martes acompañounos María, a mamá de Mari, e sorprendeunos cun conto que non coñeciamos Pápote a bicos, unha historia moi bonita que nos fala da importancia da amizade. Grazas María por ter compartido estes momentos con nós e por eses marcapáxinas que preparástedes.
O mércores, veu Jozbell, o papá de Dylan, a visitarnos. O conto escollido nesta ocasión foi Historia de juguetes, cada vez que xogamos é moi importante deixar cada cousa no seu lugar. Grazas por acompañarnos e polo doce agasallo.
domingo, 31 de maio de 2026
ESCOITAMOS COMO LES: A CEBRA CAMILA
O papá de Dani, Pablo, escolleu un libro do que temos moito que aprender. Grazas por ter compartido o teu tempo con nós e por contarnos esta historia tan bonita. Dani e Pablo, tamén tiñan algo especial para todos/as.
luns, 25 de maio de 2026
ESCOITAMOS COMO LES: A CASA DA MOSCA CHOSCA
Nesta ocasión acompañounos Carlota, a mamá de Hugo, cun conto con moitos personaxes. Grazas por ter compartido este tempo con nós e polo agasallo-sorpresa.
domingo, 17 de maio de 2026
ESCOITAMOS COMO LES: EL HILO INVISIBLE.
Esta semana, Irene, a mamá de Emma Míguez, achegounos a unha bonita e máxica historia, o fío invisible que nos une a tódalas persoas que queremos. Grazas por ter compartido o teu tempo con nós e pola sorpresa que Emma e ti nos preparástedes.
venres, 8 de maio de 2026
ESCOITAMOS COMO LES: A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA
Nesta ocasión adicounos un anaco do seu tempo Iago, o papá de Valeria. O libro escollido foi a historia da toupiña que anda na procura de quen lle puido deixar aquela caca na cabeza, un conto divertido e coñecido. Ademáis, non só poidemos gozar da narración senón que ao final da sesión de lectura Valeria e Iago nos tiñan preparado un bonito agasallo. Grazas por acompañarnos.
domingo, 26 de abril de 2026
ESCOITAMOS COMO LES: A QUE SABE A LÚA? + EL PEZ ARCOÍRIS
Esta semana tivemos doble sesión do Escoitamos como les.
A mamá de Nina, Saray, contounos o conto A que sabe a lúa?, que nos fala da importancia da unión e axuda aos demáis.
E Bruno, o papá de José, un conto moi interesante que nos fala de compartir e da amizade, El pez Arcoíris.
Grazas aos dous por ter compartido un anaco do voso tempo con nós e por traernos unha sorpresa.
domingo, 19 de abril de 2026
ESCOITAMOS COMO LES: O COELLIÑO BRANCO
O martes pasado acompañounos a mamá de Noa, leunos o conto O coelliño branco, un dos nosos favoritos. Grazas Alicia por compartir o teu tempo con nós e polo agasallo que ti e Noa nos preparástedes, menuda sorpresa!.
domingo, 5 de abril de 2026
ESCOITAMOS COMO LES: MI PRIMER SISTEMA SOLAR
Unai e a súa mamá, Raquel, escolleron un libro para entrar en contacto co Sistema Solar, os planetas, o sol, as estrelas..., MI PRIMER SISTEMA SOLAR. Grazas Raquel por acompañarnos, polo agasallo e por adicarnos un anaco do teu tempo.
domingo, 22 de marzo de 2026
ESCOITAMOS COMO LES: A SOPA QUEIMA
Nesta ocasión acompañáronnos a mamá e o papá de María, Noemí e Carlos. Escolleron para nós un conto cheo de fantasía que se titula A sopa queima. Grazas por compartir este tempo con nós e por facer voar a nosa imaxinación ao escoitar esta pequena historia.
xoves, 5 de marzo de 2026
ESCOITAMOS COMO LES: A MELLOR SOPA DO MUNDO
Comezamos cunha nova proposta da Biblioteca, a actividade ESCOITAMOS COMO LES. Emma e o seu papá escolleron unha historia fermosa, A mellor sopa do mundo. Grazas Luciano por ter compartido este tempo con nós, sempre agradecemos moito que veñades a lernos e a contarnos, gozamos tanto dos contos que calquera momento é perfecto. Grazas, ademáis, pola sorpresa que nos preparástedes...
xoves, 12 de xuño de 2025
ESCOITAMOS COMO LES: UN AMIGO COMO TU
Que bonita historia escolleron Sira e a súa mamá! Como lles gusta aos vosos fillos e fillas que veñades a contarlles contos. Grazas Sonia por acompañarnos unha vez máis no noso día de Biblioteca e adicarnos un anaquiño do teu tempo.
sábado, 10 de maio de 2025
ESCOITAMOS COMO LES: DANIELA PIRATA
Esta semana visitounos a mamá de Amalia para contarnos Daniela Pirata, un conto moi interesante que nos fala da loita por cumprir os soños e a igualdade e o respecto entre homes e mulleres. Grazas Ana por facer un oco na túa axenda e acompañarnos un anaco.
xoves, 20 de marzo de 2025
ESCOITAMOS COMO LES: A PANTASMA COLORIDA
Que bonita actividade a de Escoitamos como les! Nesta ocasión foi a avoa de Liam a que nos contou esta historia tan bonita. Grazas Teresa por acompañarnos!
















