luns, 2 de novembro de 2026

O NOSO SAMAÍN

 Comezámolo noso Samaín creando monstros mariños en familia, impresionantes, a verdade... Moita variedade e creatividade! Grazas.

SAMAÍN 2026

E así gozamos desta festa...



domingo, 1 de novembro de 2026

IOGA(1ª sesión)

 O pasado mércores iniciamos as nosas sesións mensuais de ioga con Hugo Eiroá, un pracer reencontrarnos con el...


mércores, 28 de outubro de 2026

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas para celebralo visitamos a Biblioteca Municipal e contamos o conto de CROCODILO coa axuda das nosas mestras Maitane e Rocío aos nosos compis de 4º e 6º...

NA BIBLIOTECA MUNICIPAL


   CONTAMOS O CONTO DO CROCODILO





Tamén o luns 26 Librín nos agasallou coas Mochilas Viaxeiras. Tódolos luns sairán do cole para viaxar á casa dalgún neno/a. Toda unha aventura...

            

luns, 26 de outubro de 2026

DÍA DAS ESCRITORAS

 O pasado 19 de outubro foi o Día das escritoras e para conmemoralo limos o conto da escritora galega Charo Pita, VELLIÑAS...



domingo, 25 de outubro de 2026

CÓNTAME UN CONTO: CARABUÑAS E O SOÑO DO OSIÑO ROSA

 Como nos gustan os contos, cada día lemos un ou dous... É un momento especial onde traballamos a escoita con atención, a calma, a compresión, moito vocabulario e moitas expresións, un momento agaradable e compartido.

 CARABUÑAS


Traballamos o nome do protagonista e  secuenciamos as diferentes partes do conto...


O SOÑO DO OSIÑO ROSA

Debuxamos ao personaxe principal e falamos dos personaxes secundarios...






domingo, 18 de outubro de 2026

ERASMUS DAYS

 

 Como gozamos esta semana das actividades do ERASMUS DAYS. Preparamos para a ocasión unhas máscara coa cor e as estrelas da bandeira europea para realizar cada unha das actividades programadas para cada día despois de visualizar o vídeo de Librín:


O MARTES VIAXAMOS A PORTUGAL BAILANDO
En cada actividade realizada tiñamos que selar o noso pasaporte...

    O MÉRCORES VIAXAMOS A FRANCIA PINTANDO

    O XOVES VIAXAMOS A SUÍZA ESCOITANDO UN                                      CONTO

        

    O VENRES VIAXAMOS A BÉLXICA XOGANDO COA                                     AUGA




Finalizamos a semana deixando a nosa pegada no mural  A AUGA ÚNENOS, EUROPA CONÉCTANOS
        



martes, 6 de outubro de 2026

XOGANDO CON CAIXAS

   

  E continuamos coas caixas e co noso noso PDI(Proxecto Documental Integrado) UNHA CAIXA CHEA DE ...? Nesta ocasión non había un tesouro dentro das caixas senón nós mesmos/as e os obxectos do cole que cada un foi escollendo polas diferentes zonas das nosas aulas...

Non só nos divertimos senón que traballamos a atención e a memoria visual. Que ben o pasamos!!!








domingo, 4 de outubro de 2026

A NOSA NOVA MASCOTA


A nosa nova mascota é un crocodilo, o amigo do noso polbo Pepito. Camilo, que así se chama, nos acompañará este curso nas nosas novas aventuras.



Contamos o conto de Kalandraka que xa coñecimos o pasado curso:


E as cancións que estamos traballando entorno á nosa mascota son:

domingo, 20 de setembro de 2026

VOLVEMOS AO COLE

        O cole, as nosas aulas e as nosas mestras agardaban a nosa chegada, todo estaba preparado e só faltabamos nós.

    En poucos días interiorizamos de novo a nosa rutina diaria e comezamos xuntos un novo camiño cargado de novas experiencias e aventuras para compartir.



COMEZO DO CURSO

          

    O pasado 9 de setembro comezamos o curso 2026-2027, moi ledos/as por reencontrarnos de novo, volver ás nosas aulas, ver as nosas mestras e coñecer ás novas incorporacións. 

  Comezamos dun xeito moi especial, na compaña de Lana, a pirata contacontos, que nos trouxo a primeira caixa-cofre deste curso. A través do conto O pirata despistado, e coa axuda da nosa pirata Paca, fíxonos viaxar a unha illa, vivir moitas aventuras xogando e falounos do mar, o que nós temos tan preto. Iniciamos así o Proxecto Documental Integrado UNHA CAIXA CHEA DE...AUGA?.    

                                                                  

xoves, 18 de xuño de 2026

UNHA FIN DE CURSO ESPECIAL

 E ao longo desta semana quixemos celebrar a fin de curso con moitas experiencias e actividades interesantes e enriquecedoras. Mira, mira...

PRAIA DE COVAS, PARQUE PERNAS PEÓN E IOGA

Grazas Hugo Eiroá por facelo posible.

PARQUE DA MISERICORDIA E XOGOS 


Tamén fixemos unha merenda conxunta e especial e despedimos aos nosos compañeiros/as de 6º que marchan para o CEP Lois Tobío. Os nosos mellores desexos para eles/as nesa nova etapa.

E así remata este curso 2025-2026, que pasou axiña, pero no que aprendimos moito xuntos. Pasiño a pasiño pero con paso firme gozando de cada momento vivido.

Grazas peques e grazas familias.