martes, 30 de xaneiro de 2024

IV SEMANA REDONDA(Naturaliza)

VOZ NATURA

 Participamos deste proxecto de Naturaliza, ao longo da pasada semana, ARMONÍA EN LA NATURALEZA... Escoitamos, bailamos, cantamos a canción, xogamos cos elementos da natureza, debuxamos e creamos cos tesouros que nos ofrece(follas, pedras, paus, cunchas...)...






domingo, 28 de xaneiro de 2024

PAZ NO MUNDO

 

 Estes días estivemos traballando pola Paz decorando os nosos símbolos, colaboración entre familia-escola, e colocando as nosas bandeiras brancas...





MARIÑA AMBIENTAL: COMPOSTAXE

 Dentro do Proxecto Mariña Ambiental, da UCD xunto coa Fundación Alcoa,  realizamos un obradoiro onde aprendimos a xestionar os residuos mediante a compostaxe.      

 Visitamos o noso composteiro e botamos os restos da nosa froita do mércores.


                    




DESCUBRIMOS O CORPO

 Continuamos coa aventura de descubrir o noso corpo, imos un pouco máis alá do que aprendimos o ano pasado. Lembramos as partes visibles do noso corpo pero tamén o que temos dentro do mesmo... Xogamos aprendendo...






luns, 15 de xaneiro de 2024

A MIÑA AXENDA: DECEMBRO

 E así imos completando a nosa axenda, lembramos nesta ocasión as datas importantes do último mes do ano 2023.





mércores, 10 de xaneiro de 2024

XOGUETES DO NADAL

 


Onte un agasallo nos agardaba na nosa aula, un paquete sen nome polo que os nenos/as consideraron que sería para todos/as. Non sabiamos quen era o remitente, igual o deixaran alí, Papá Noel, O Apalpador ou os Reis Magos. Non tardamos nada en averigualo, xa que se trataba dun xoguete de madeira. O apalpabarrigas do Courel deixou para nós un catro en liña ao que estamos aprendendo a xogar...

 Ademáis, ao longo desta semana, estamos xogando cos xoguetes dos nenos/as e compartíndoos a nivel de aula... Está resultando moi interesante. Establecimos unhas normas básicas para utilizalos:

- Compartir o noso xoguete cos demáis.

- Coidalos con agarimo.

- Respectar o tempo de xogo de cada neno/a.


domingo, 7 de xaneiro de 2024