sábado, 18 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

 Un ano máis celebramos as Letras Galegas coñecendo a vida e obra da persoa homenaxeada. Luisa Villalta xa forma parte un pouco de nós...

LETRAS GALEGAS 2024






CREANDO COAS FROITAS E AS VERDURAS

 Non só aprendimos que as froitas e as verduras son imprescindibles na nosa dieta senón tamén que con elas podemos crear... Mirade, mirade...







DESCUBRIMOS O CORPO

     E seguimos investigando sobre o noso corpo, ampliamos o noso coñecemento non só como somos por fóra senón como somos por dentro...

    Grazas a Liam e a súa mamá Raquel por completar as nosas aprendizaxes coas súas creacións...





domingo, 12 de maio de 2024

PLANTAMOS NA HORTA

 O pasado venres visitamos a horta que está próxima ao cole e Joaquín e José Antonio, axudáronnos a plantar as nosas cabazas, os nosos chícharos, tamén, tomates e pementos. Sempre están dispostos a colaborar coa nosa escola e aceptar as proposta das nosas mestras. Aprendimos, ademáis, de onde proveñen os produtos frescos e de orixe vexetal. Sempre apostando por unha alimentación saudable...




MICRORREDE DA MARIÑA

 Este así colaboramos esta semana na exposición da Microrrede da Mariña...



IOGA(4ª sesión)

 Experimentando co son de instrumentos do mundo, vibracións moi especiais.



mércores, 8 de maio de 2024

martes, 7 de maio de 2024

PRIMEIROS AUXILIOS+MAMÁS ENFERMEIRAS

 Hoxe queremos agredecer a Sonia, mamá de Sira e a Fátima, mamá de Bruno, que nos adicaran o seu tempo. Toda unha experiencia e un primeiro contacto cos primeiros auxilios, coa RCP, coa posición lateral de seguridade,...

xoves, 2 de maio de 2024

ALIMENTÁMONOS: GADIS ALIMENTES

 GADIS ALIMENTES

Este curso participamos no programa ALIMENTES do GADIS  e dentro do mesmo realizamos onte a seguinte visita...



E continuamos coa nosa aprendizaxe sobre os alimentos...