Páxinas
Etiquetas
sábado, 14 de xuño de 2025
xoves, 29 de maio de 2025
PLANTAS POLINIZADORAS+PLANTAS INVASORAS
Coñecemos máis de preto as plantas que atopamos no noso entorno próximo, na natureza que nos rodea...
martes, 20 de maio de 2025
sábado, 17 de maio de 2025
CROMATOGRAFÍA DAS FOLLAS
Continuamos experimentando neste último trimestre do curso:
1º Recollida de follas de diferentes cores coa axuda das nosas familias.
2º Clasificamos as follas por cores.
3º Recortamos as follas en anacos pequenos, botámolas en recipientes grandes e logo á mistura botámoslle alcohol.
4º Deixámolo todo en repouso ata a mañá seguinte.
5º Comprobamos que o pigmento das follas pasara a misturarse co alcohol.
6º Utilizamos os tintes para pintar con pincel.
domingo, 26 de xaneiro de 2025
V SEMANA REDONDA NATURALIZA
Do 20 ao 26 de xaneiro, celebramos a V Semana Redonda Naturaliza, esta nova edición estivo adicada á conexión que hai entre as persoas e a saúde do medioambiente...
EL PLANETA TIERRA NECESITA TU AYUDA
domingo, 15 de decembro de 2024
PREPARÁNDONOS PARA O NADAL
Agardamos con moita ilusión a chegada do Nadal e no cole este ano fixemos moitos adornos coas nosas mans, aproveitando as las tan bonitas que temos. Colaboramos co Mercado Solidario(Domus VI), aportando as nosas manualidades, e tivemos, ademáis, a oportunidade de visitalo. Fixemos as nosas postais, decoramos o cole, aulas, corredores..., ademáis, de facer unha árbore na entrada coa axuda de tódolos nenos/as... Tamén vos amosamos a nosa aportación para o calendario do 2025.
ADORNOS:

MERCADO SOLIDARIO:
luns, 25 de novembro de 2024
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA
Como nos gusta experimentar, a Ciencia para nós é maxia... Canto estamos aprendendo este curso!
venres, 22 de novembro de 2024
OBRADOIRO DE COCIÑA COAS CABAZAS DA HORTA
A verdade que lle quitamos partido á nosa colleita, non podiamos imaxinar un outono sen unha saborosa CREMA DE CABAZA. O xoves tivemos un obradoiro especial, desfrutamos moito cociñando e saboreando as nosas receitas.

Tamén aproveitamos a ocasión para ver como son as cabazas por dentro e quitarlles a semente para a nosa colección de sementes. Máis adiante plantaremos tamén.


















































