Estamos rodeados de letras, de palabras... A partir dos nosos nomes decubrimos o abecedario, diferenciamos entre vogais e consoantes, grafías e son de cada unha delas... A partir de aí, xurden moitas palabras, coñecemos as sílabas que forman as palabras, aprendemos a escribir e a ler ...
Páxinas
Etiquetas
mércores, 4 de decembro de 2024
xoves, 26 de maio de 2022
A PRENSA NA ESCOLA
Xa fai uns meses que comezamos a levar a prensa á casa, cada día un neno/a. En colaboración coa familia trouxeron un titular e unha fotografía dese xornal. A partir de aí xurdiu a idea de ser xornalistas crear as nosas propias novas no Heraldo do San Roque. Partimos de analizar primeiro as novas relativas ao noso centro e nas que nós fomos protagonistas...
mércores, 27 de outubro de 2021
OS NOSOS NOMES
xoves, 17 de xuño de 2021
APRENDENDO NOS RECUNCHOS
Continuamos aprendendo xogando, cada día visitamos os nosos recunchos de xogo, imos rotando por equipos e ás veces o xogo é libre e outras dirixido...
Neste último trimestre montamos a Clínica Veterinaria no recuncho do xogo simbólico e no da plástica un obradoiro de esculturas:
CLÍNICA VETERINARIA
MULLER E PAXARO(Joan Miró)
xoves, 22 de abril de 2021
AS CONSOANTES, AS AMIGAS DAS VOGAIS
Seguimos percorrendo o mundo das letras, unha vez traballadas as vogais, comezamos a descubrir un pouco máis ás consoantes, sen elas as palabras non poden falar.
Na asemblea diaria, tamén, enriquecemos o noso vocabulario na actividade A PALABRA DO DÍA. O encargado ten que pensar unha palabra, escribila con ou sen axuda e facer o debuxo que represente á mesma.
luns, 8 de febreiro de 2021
CONSTRUÍNDO OS NOSOS NOMES
Continuamos traballando coas palabras, coas letras que as compoñen... Aprendemos xogando coa tablet e construíndo os nosos nomes coas pezas das construcións nos recunchos. Traballamos a motricidade fina, a orientación espacial e tamén a creatividade.
venres, 15 de xaneiro de 2021
CANCIÓNS QUE NOS UNEN
Á volta do Nadal quixemos lembrar unha das cancións que máis soou nesas datas, Cando é Nadal(Iván Vale), tódolos nenos/as do San Roque a coñecemos. Desde os diferentes recunchos do colexio se escoitaba. Cantándoa nos sentimos, a pesar de todo, máis unidos que nunca. As palabras que nos enchen son moi importantes no noso crecemento e as que nos van enriquecendo ao longo da nosa vida. Non só buscamos palabras tamén acompañamos a letra da canción co debuxo da personaxe de Nadal que máis nos gusta... Apalpador, Papá Noel e Reis Magos...
luns, 21 de decembro de 2020
RECUNCHOS DE APRENDIZAXE
Manipulamos, ideamos, razonamos, ordenamos, creamos... nas diferentes zonas de xogo.
sábado, 12 de decembro de 2020
PALABRAS RIMADAS, PALABRAS CANTADAS...
Adentrámonos no mundo da palabra a través das conversas na asemblea, das tarxetas que utilizamos nas rutinas diarias, dos nosos nomes e apelidos, das melodías que cantamos, das adiviñas, das poesías... e por suposto a través da fantasía dos contos.
luns, 30 de novembro de 2020
CASTAÑAS DO CASTIÑEIRO
Do 23 ao 27 de novembro celebramos O Magosto(EDLG), este ano, de xeito diferente pero tamén especial. Xogamos nos recunchos con diferentes xogos e actividades con castañas e tamén en Psicomotricidade. Cantamos a canción do Magosto(13 lúas), ilustramos o refrán A castaña no agosto quere arder, e no setembro berber e lemos o conto La castañera.
luns, 9 de novembro de 2020
AS LETRAS PERDIDAS
A mellor maneira de aprender as letras(nome, grafía e son) é xogando cos nomes. Partimos do noso nome, do dos compañeiro/as e a partir de aí de tódalas palabras que van xurdindo no día a día, nas cancións, poesías, adiviñas, contos, proxectos... Palabras que nos enchen o mundo e que fan crecer a nosa imaxinación...
martes, 6 de outubro de 2020
OS NOSOS NOMES
Identificamos o noso nome, ordenamos as súas letras, buscamos as letras do abecedario nos mesmos, escribimos as grafías, modelamos con plastilina as letras que o compoñen...







































