xoves, 27 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO NO MES DE ABRIL

 E abril chegou cargado de historias e bonitas representacións. OS TRES PORQUIÑOS a cargo dos nosos compañeiros/as de 5ºB e unha adaptación do conto RATO TOM E RATA TOMASA, da man da  teacher María, quen foi profe no noso cole... Pinchade no seguinte enlace...

TODOS OS DÍAS SON LIBROS DE ABRIL

 Tamén gozamos esta semana do obradoiro A GALIÑA DE OVOS DE CONTO:










 E da representación de MAXIA a cargo dos nosos compañeiros/as de 6º EI, grazas compis.

MAXIA

ESCOITAMOS COMO LES(4ª sesión)

 E esta semana acompañounos Sonia, a mamá de Sira, cun conto fantástico, un relato tradicional adaptado CHIBOS, CHIBÓNS. De seguro que esta historia a volveremos a contar na aula, un conto ideal para esta idade... Grazas por acompañarnos e compartir  o teu tempo con nós.



venres, 21 de abril de 2023

ESCOITAMOS COMO LES(2ª e 3ª sesión)

 Esta semana compartiron con nós conto na Biblioteca a avoa de Amalia e a nai de Gaelia, Ana e Lydia. Grazas por adicarnos o voso tempo e por facer posible este tipo de propostas...

    
Aquí déixovos un xogo:









IOGA(6ª sesión)

 E continuamos coa nosa sesión de ioga mensual...

mércores, 19 de abril de 2023

O POLBO PEPITO

 Como xa sabedes, a nosa mascota chámase Pepito, e quixemos facer unha réplica do mesmo. O material que precisamos foi: un rolo de cartón, plastilina, témperas e pegamento. Mirade, mirade...


       


venres, 14 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO INFANTIL(2 de abril)

 E para conmemorar este día, decidimos preparar unha carauta do gato Guille, o protagonista dun dos nosos contos favoritos... 

         

 E hoxe na Biblioteca de Librín nos agardaba unha agradable sorpresa, as nosas mestras titiriteiras versionaron a fantástica historia de Cocorico. Mirade, mirade... e que rico estaba o biscoito... Picoti, picotá, ai que rico Cocorico...



 E falando de libros esta semana estreamos nova Biblioteca. Canto nos gusta poder visitar a Librín e escoitar as mil e unha historias que aparecen nos seus libros...