xoves, 30 de setembro de 2021

OS BICHOS DA HORTA

  Ao longo destes días fixemos os debuxos da horta, falamos sobre as verduras e hortalizas que recollimos e os bichos que observamos na terceira visita á horta urbana e ecolóxica. Comeza para nós un novo centro de intererese...







xoves, 23 de setembro de 2021

IMOS Á HORTA

 Para dar continuidade ao traballo realizado o pasado curso, continuamos aprendendo coa horta urbana que está moi preto do noso cole. Nesta ocasión fomos recoller a colleita do plantado no mes de abril e observamos aos bichos que fomos atopando pola mesma... Agora imos investigar sobre este tema...


 Queremos agradecer desde o cole a boa acollida de Joaquín, grazas por facer que todo resultase sinxelo e por estar sempre dispoñible... José Antonio, Jorge, Pepita, Miguel e María José, grazas... Os nenos/as de 6º están encantados de ter ido á horta ecolóxica e de aprender tanto con vós...






mércores, 22 de setembro de 2021

martes, 21 de setembro de 2021

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

 Comezamos un novo curso con moita ilusión e gañas de reencontrarnos de novo... Lembrando os momentos vividos no verán e dando un repaso aos xogos, cancións, contos e curtas do pasado curso.