venres, 30 de abril de 2021

ESCOITAMOS COMO LES, ESCOITAMOS COMO CONTAS...

 Nestes días gozamos dos contos lidos e contados, do teatro en streaming...

A MELLOR SOPA DO MUNDO






AS FABAS MÁXICAS

(Abanca+Caramuxo teatro)





As nosas fabas tamén serán máxicas?




LOBO FEROZ


Grazas a María(mamá de Hugo) e súa irmá Silvia(mamá de Ángel López) por dedicarnos parte do voso tempo contándonos este conto tan bonito e divertido. Gustóunos moitísimo!

PESAMOS OS ALIMENTOS... ETIQUETAS E MARCAS DOS PRODUTOS ...

 Continuamos co noso Plan Proxecta Alimentámonos ou nutrímonos...

 
                                                                                   


 Mirade que recibimos a semana pasada de parte do GADIS, por paticipar no seu programa ALIMENTES... Menuda sorpresa cando viron o paquete!





martes, 27 de abril de 2021

O BICO DE KLIMT

 O amor reflexado nunha das pinturas máis coñecidas de Klimt, O bico. Coñecemos algunhas das súas obras e as súas características...






luns, 26 de abril de 2021

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 O 23 de abril celebramos o Día do libro escoitando en streaming unha fermosa historia A manchas ou a raias?   da man da súa autora, a escritora e ilustradora catalana Estefanía Padullés, afincada en Paradela.  Unha vez máis un conto precioso. Tivemos a oportunidade de coñecela  a ela e a un dos seus contos Leopoldo, o pequeno monstro grazas aos nenos/as do cole de Covas. Encantados unha vez máis por tela coñecido, por poder falar con ela e por poder escoitar e ilustrar a súa obra.


 Lembrade que neste mes dos libros temos varias propostas no blog da BIBLIOTECA:

CITA A CEGAS NO MES DOS LIBROS

AS NOSAS XEOGRAFÍAS LECTORAS SACAN AS EMOCIÓNS AO CAMIÑO

 Esta semana tamén tivemos a oportubidade de descubrir este bonito conto Carapuchiña realizado pola gran familia/compañía ABERLÓ. Grazas unha vez máis por facelo posible quedamos encantados/as.







venres, 23 de abril de 2021

SEMENTAMOS E TRANSPLANTAMOS

 Para continuar conmemorando o Día da Terra,  sementamos hortalizas e verduras na nosa mesa de cultivo e transplantamos outra vez máis os nosos castiñeiros que seguen crecendo e crecendo. Cada equipo decidiu entre unha variada gama de sementes o que quería plantar, escolleron cenorias, tomates, pementos, leitugas e cabaciños. Na horta urbana xa plantáramos porros, cebolas, leitugas e cabazas en planta e agora experimentamos coas sementes.




AS 3 R: REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR

  Ao longo destas dúas últimas semanas nos adentramos no mundo das 3R e conmemoramos así, o Día da Terra(22 de abril).

 Falamos de como podemos REDUCIR o consumo de auga, luz, papel, envases de plástico(usamos cantimploras nas merendas)...

 Coa axuda do blog de VOZ NATURA, cos vídeos e actividades  realizadas reforzamos contidos, así como coas actividades da proposta didáctica ENERXÍA PARA MEDRAR do EROSKI.


Elaboramos diferentes caixas do lixo no recuncho da plástica para RECICLAR e clasificar os residuos que xeramos...






E non podemos esquecer a palabra REUTILIZAR, hai moitísimas cousas que en lugar de tiralas ao lixo as podemos usar de novo pero con outro finalidade. No cole reutilizamos, agora anímate a facelo na casa...


 Para seguir aprendendo máis sobre este tema nos conectamos por streaming onte, cunha proposta do Concello sobre as 3R.





xoves, 22 de abril de 2021

AS CONSOANTES, AS AMIGAS DAS VOGAIS

 Seguimos percorrendo o mundo das letras, unha vez traballadas as vogais, comezamos a descubrir un pouco máis ás consoantes, sen elas as palabras non poden falar.




 

 Na asemblea diaria, tamén, enriquecemos o noso vocabulario na actividade A PALABRA DO DÍA. O encargado ten que pensar unha palabra, escribila con ou sen axuda e facer o debuxo que represente á mesma.