O 23 de abril celebramos o Día do libro escoitando en streaming unha fermosa historia A manchas ou a raias? da man da súa autora, a escritora e ilustradora catalana Estefanía Padullés, afincada en Paradela. Unha vez máis un conto precioso. Tivemos a oportunidade de coñecela a ela e a un dos seus contos Leopoldo, o pequeno monstro grazas aos nenos/as do cole de Covas. Encantados unha vez máis por tela coñecido, por poder falar con ela e por poder escoitar e ilustrar a súa obra.
Lembrade que neste mes dos libros temos varias propostas no blog da BIBLIOTECA:
CITA A CEGAS NO MES DOS LIBROS
AS NOSAS XEOGRAFÍAS LECTORAS SACAN AS EMOCIÓNS AO CAMIÑO
Ningún comentario:
Publicar un comentario