E neste trimestre falamos da tristeza...
Quixemos despedir o outono con música, nesta ocasión escollimos a obra de Vivaldi que leva o nome desta estación ... A verdade que non o poidemos facer de mellor xeito!
O MONSTRO DE CORES
MONSTRO TRISTE- MONSTRO FELIZ
E tódalas semanas temos novas e interesantes sorpresas na nosa Biblioteca Creativa. Nesta ocasión un obradoiro de arte impartido por Adriana Pardo... Pintura, mesturas, emocións, arte...
Como gozamos co medo e cos monstros nestes días... Mirade, mirade...
Grazas familias pola vosa colaboración e por eses super monstros que fixéstedes na casa...
Este martes un novo encontro co Ioga, nesta ocasión a actividade foi presencial, como gozaron por segunda vez desta experiencia, grazas Natalia por ter compartido este tempo con nós...
Neste Entroido, como sabedes, sentímonos xeniais co noso disfraz de superheroes e superheroínas. tamén falamos dos nosos superpoderes... adiviñade cales son...
Ira, enfado, rabietas, pataletas, mal humor,... o non sempre por diante... Abrimos o noso abanico das emocións...
Co conto de Flora, comezamos a traballar as emocións este ano: