Amosando publicacións coa etiqueta VIVARIUM. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VIVARIUM. Amosar todas as publicacións

domingo, 19 de xuño de 2022

A NOSA MAQUETA: DESEMBOCADURA DO RÍO LANDRO

     A nosa vila ten unha paisaxe fermosa, uns espazos naturais moi interesantes polo que a través de esta maqueta representamos o noso entorno próximo, a desembocadura do río Landro...

























sábado, 18 de xuño de 2022

LENDAS DE VIVEIRO

  E rematamos o curso coas lendas da nosa vila, botando a voar a nosa imaxinación coa narración oral... Grazas familias por esta grande aportación, desfrutamos moitísimo desta actividade...

ESTABAÑÓN


A COVA DA DONCELA


A FONTE DOS MOUROS


SAN ROQUE E SAN MARTIÑO



venres, 17 de xuño de 2022

CAMIÑANDO Á PRAIA DE COVAS

 Finalizamos as saídas do noso proxecto Paisaxes en palabras, nesta ocasión fomos camiñando á praia de Covas.




    Aprendemos a canción máis coñecida de Viveiro...

PERCORRENDO O CAMIÑO DO MAR

 E chegou o día ... Con Lucas e Noela, peregrino e peregrina, percorrimos un pequeno tramo do Camiño do Mar...


mércores, 8 de xuño de 2022

A NOSA VILA NO MUNDO: VIVEIRO, ESPAÑA, EUROPA, A TERRA.

 Seguimos aprendendo...

VIVEIRO ESTÁ EN ESPAÑA




VIVEIRO ESTÁ EN EUROPA

EUROPA

OS CONTINENTES







VIVEIRO ESTÁ NO PLANETA TERRA

EL ORIGEN DEL UNIVERSO

EL SOL Y LOS PLANETAS

EL SISTEMA SOLAR







Agora cantamos a canción dos planetas e a do Universo(Iván Vale)...







O CAMIÑO DO MAR E O CAMIÑO DE SANTIAGO

 A peregrinación a Santiago de Compostela pode comezar desde diferentes lugares de Europa ...

TODO SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO



 O Camiño Norte que entra en Galicia por Ribadeo presenta unha alternativa, o Camiño do Mar, para seguir percorrendo o litoral costeiro. O traxecto comeza en Ribadeo, pasando por diferentes concellos da Mariña, entre eles Viveiro, e algúns concellos do Ortegal ata chegar a Ferrol onde a ruta se funde co Camiño Inglés.

 DESCUBRO O CAMIÑO DO MAR

Agora escoita esta magnífica canción do mestre Iván Vale...

O CAMIÑO DAS ESTRELAS




martes, 7 de xuño de 2022

SOUTO DA RETORTA

 

 E así foi como nos divertimos o luns viaxando no Vivertren, unha experiencia xenial, e visitando e descubrindo o Souto da Retorta.



sábado, 4 de xuño de 2022

venres, 3 de xuño de 2022

A NOSA VILA NO MUNDO: VIVEIRO, A MARIÑA, LUGO, GALICIA.

 Descubrimos que Viveiro está na Mariña de Lugo e que Lugo é unha das provincias de Galicia, a nosa Comunidade Autónoma, xunto a A Coruña, Ourense e Pontevedra.




           


luns, 30 de maio de 2022

NO MONTE SAN ROQUE

 Continuamos co noso proxecto Vivarium e Paisaxes en palabras, nesta ocasión visitamos o Monte San Roque... Pasámolo xenial! Animais, plantas, o mirador, a capela, a cova do Santo... Canto estamos aprendendo sobre os espazos naturais da nosa vila...










luns, 23 de maio de 2022

CONCELLOS DA MARIÑA

 Unha vez vistas as parroquias de Viveiro, do que está preto cara  ao máis afastado, demos un salto cara á nosa comarca, A Mariña, situada ao norte de Lugo e bañada polo mar Cantábrico. Coñecimos aos 16 concellos que forman a mesma, lembrando a viaxe que fixemos a Foz, xa que nela percorrimos cinco deles.






luns, 16 de maio de 2022

PARTICIPAMOS NA MICRORREDE

 Do 9 ao 13 de maio tivemos a oportunidade de formar parte da exposición da Microrrede da Mariña co noso cadro Paisaxe en palabras, en base a unha fotografía feita por nós, nunha das saídas á praia de Covas... Cada un de nós estaba presente no cadro a través das bocas que formaban o mar da paisaxe... 

                

 No marco do cadro os códigos QR coas lendas das familias que participaron voluntariamente... No noso grupo-aula 3 familias quixeron compartir con nós tres lendas de Viveiro que imos aproveitar para o noso proxecto Vivarium... Grazas familias por achegarnos parte da nosa historia, do noso pasado, da nosa oralidade... Escoitade, escoitade...

ESTABAÑÓN(FAMILIA PÉREZ PORTILLA)

A COVA DA DONCELA(FAMILIA RODRÍGUEZ RIAL)

A FONTE DOS MOUROS(FAMILIA PIÑÓN ARRIZADO)


luns, 9 de maio de 2022

POLO RÍO LANDRO

 O pasado venres, 6 de maio, realizamos a saída polo Paseo fluvial do Landro... Seguimos descubrindo Viveiro e nesta ocasión un dos seus espazos naturais. Toda unha aventura na procura do Pozo de Piago. O tempo acompañóunos e aínda que rematamos moi cansos pola andaina todo saiu ben.


 Ademáis nas nosas pequenas viaxes agora sempre nos acompaña o noso caderno de campo. Toda unha experiencia levalo con nós para deixar constancia dos nosos pequenos descubrimentos. Mira, mira...